Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Liña 14:
A edificación ten perpiaños de granito, combinados con cachotería nalgunhas zonas. No estremo dunha á, engadida na parte posterior, hai un patio no que parece ser que houbo unha torre. A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido ás diversas incursións sufriron danos ata que se reconstruíron no [[século XVII]] uníndoas por un corredor e converténdose deste xeito nun pazo. Na parte superior estaban as cociñas, os cuartos, a biblioteca e dende alí accedíase ó terreo por unha fermosa solaina que aínda hoxe existe. Debaixo estaban o lagar, as cortes dos cabalos e a capela. Accedíase ó primeiro andar por un patín que estaba na fachada principal. Tamén se conserva un patio interior, denominado patio de armas, onde nunha parede se esculpiu o escudo brasonado.
 
Os encargados de levar a cabo esta obra foron os mariñeiros da bisbarra coa axuda dun construtor. A cociña garda certa similitude na súa construción coas [[palloza]]s dos Ancares, de forma redonda e cun ángulo semellante. Os materiais empregados para facela obra son a pedra, o barro e as cunchas da ría. O pazo está cuberto de [[tella (construción)|tella]] na actualidade.
 
Este pazo atopábase deshabitado e case arruinado na década de 1990, sendo rehabilitado a finais do [[século XX]].