Ruínas de San Domingos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ligazón
m Desfixéronse as edicións de Kiawoklaw9891 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Liña 22:
 
==Recuperación==
Aínda que a [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] non se constituíu formalmente ata o [[15 de agosto]] de [[1894]] <ref>A constitución da Sociedade foi, de feito, pioneira no panorama cultural galego: a [[Real Academia Galega]] naceu en 1905 e o [[Seminario de Estudos Galegos]] en 1923.</ref>, baixo a presidencia de [[Casto Sampedro Folgar|Casto Sampedro]], xa desde anos antes levou adiante algunhas actividades en prol da conservación histórica e artística de Pontevedra. Canto ás actividades dirixidas á [[conservación e restauración|conservación]] das ruínas de San Domingos cómpre destacar a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas o [[16 de setembro]] de [[1889]] <ref>No libro editado polo Museo de Pontevedra, ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Filgueira Valverde dá a data do 16 de setembro de '''1886''' (px. 10). Pero máis adiante, as autoras do capítulo dedicado á Sociedade Arqueolóxica, dan a data de '''1889''' (px. 31).</ref>, baixo a convocatoria do poeta [[Roxelio Lois Estévez]], daquela director de ''[[O Galiciano]]'', Manuel de la Fuente e o médico Xosé Casal, estes dous delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ''ocupación'' das ruínas, a piques de ser derrubadas definitivamente. Nesta xuntanza tomaron as ruínas como sede da Sociedade e procederon a limpalas de entullos e lixo e ó seu peche cun valado.
 
A consecuencia desta reivindicación foi a declaración como Monumento Nacional do que nese momento se conservaba das ruínas -o que hoxe podemos ver-, o [[14 de agosto]] de [[1895]]. San Domingos convertíase así no primeiro Monumento Nacional da provincia de Pontevedra.