Maria Gaetana Agnesi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrección erros léxicos
Liña 15:
 
== Traxectoria ==
Agnesi acreditouse co seu primeiro libro, no que discute o cálculo diferencial e integral. Dous anos máis tarde, o seu pai comezou a reunir na casa de xeito periódico ás persoas máis cultas de Boloña, con quen ela mantivo diversas discusións. ResumesResumos desas reunións recolléronse en “Cartas sobre Italia” e en “Proposicións Filosóficas”, que o seu pai publicou no 1738. Ademais, ós trinta anos, falaba entre outras linguas, [[lingua grega|grego]], [[lingua hebrea|hebreo]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua castelá|castelán]] e [[lingua alemá|alemán]]. Foi membro honorario da Universidade de [[BoloniaBoloña]].
 
O mellor resultado do seu traballo foi a “Instituzioni analitiche ad uso della gioventugioventù italiana”, un traballo publicado en [[Milán]] en [[1748]]. O seu primeiro volume trata da análise de cantidades finitas e o segundo da análise infinitesimal. Unha tradución francesa do segundo volume por P.T. d'Antelmy, con engadidos de Charles Bossut, apareceu en [[París]] no [[1775]]; e unha tradución inglesa do conxunto do traballo de John Colson, profesor Lucasiano de matemáticas en [[Cambridge]], foi publicado no [[1801]] a cargo do Baron Maseres. Tamén escribiu un comentario no ''Traité analytique des sections coniques of the marquis de l'Hôpital'', o que, a pesar de ser gabado polas persoas que viron o manuscrito, non foi nunca publicado.
 
Discutiu a curva coñecida como "versiera", como a chamou en [[1748]]. É definida como:y= 1/(x2+1) ou, en xeral, y= a3/(x2+a2)