Diferenciación celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 83:
O problema é que a posible intervención destas vías de sinalización no cotrol da diferenciación infírese principalmente sobre a base do seu papel no desenvolvemento e diferenciación celular. Aínda que a regulación epixenética é necesaria para dirixir a diferenciación celular, non é suficiente para este proceso. A modulación directa da expresión xénica por medio da modificación de [[factor de transcrición|factores de transcrición]] xoga un papel clave que debe distinguirse dos cambios epixenéticos herdables que poden persistir mesmo en ausencia dos sinais ambientais orixinais. Só hai unhs poucos exemplos actualmente de vías de sinalización que orixinen cambios epixenéticos que alteran o destino da célula, e un deles é a expresión de Sonic hedgehog.
 
A expresión de Shh (Sonic hedgehog) regula á alza a produción de [[Bmi1]], un compoñente do complexo PcG, que recoñece a H3K27me3. Isto ocorre dun modo dependente de Gli, xa que [[Gli1]] e [[Gli2]] son efectores de ''augas abaixo'' da [[vía de sinalización Hedgehog]]. En cultivo, Bmi1 media a capacidade da vía Hedgehog de promover a autorrenovación das células nais mamarias humanas.<ref name = "Liu">{{cite journal |pmid=16778178 |doi=10.1158/0008-5472.CAN-06-0054 |author=Liu S, ''et al'' |title=Hedgehog Signaling and Bmi-1 Regulate Self-renewal of Normal and Malignant Human Mammary Stem Cells |journal=Cancer Res |year=2006 |volume=66 |issue=12 |pages=6063–71}}</ref> Tanto en humanos coma en ratos, os investigadores mostraron que Bmi1 se expresa fortemente en células precursoras do gránulo cerebelar inmaduro. Cando a Bmi1 se lle fai un [[knockout de xenes|knocked out]] no rato, iso dá lugar a unha alteración do desenvolvemento cerebelar, producíndose significativas reducións na masa cerebral postnatal xunto con anormalidades no control motor e o comportamento.<ref name = "Leung">{{cite journal |pmid=15029199 |doi=10.1038/nature02385 |author=Leung C, ''et al'' |title=Bmi1 is essential for cerebellar development and is overexpressed in human medulloblastomas |journal=Nature |year=2004 |volume=428 |issue=6980 |pages=337–41|bibcode = 2004Natur.428..337L }}</ref> Un estudo separado mostrou unha diminución significativa da proliferación de células nais neurais xunto cun incremento da proliferación de astrocitos[[astrocito]]s no rato Bmi nulo.<ref name = "Zencak">{{cite journal |pmid=15958744 |doi=10.1523/JNEUROSCI.3452-04.2005 |author=Zencak D, ''et al'' |title=Bmi1 loss produces an increase in astroglial cells and a decrease in neural stem cell population and proliferation |journal=J Neurosci |year=2005 |volume=25 |issue=24 |pages=5774–83}}</ref>
 
En resumo, o papel da sinalización no control epixenético do destino de diferenciación da célula en mamíferos descoñécese en grande medida, mais hai varios exemplos que indican a probable existencia de tales mecanismos.