Traballos e días: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 6:
O poema xira en torno a dúas verdades xerais: o traballo é o destino universal do home, pero só quen estea disposto a traballar poderá con el. Os estudosos interpretaron esta obra no contexto dunha crise agraria no continente grego, que inspirou unha vaga de [[Colonización grega|colonizacións]] en busca de novas terras.<ref> Espinosa Alarcón,Andrés e Pérez Iriarte, José Luís. Las formas políticas de la Grecia arcaica a la luz de los factores socio-económicos en CONVIVIUM, Any: 1965 Núm.: 19-20 páx. 117. http://www.raco.cat/index.php/Convivium/article/view/76271/99079</ref>
 
Esta obra mostra as cinco [[Idades do Home]], ademais de conter consello e sabedoría, prescribindo unha vida de honesto traballo e atacando a ociosidade e os [[xuíz|xuíces]] inxustos (como os que decidiron a favor de [[Perses (Hesíodo)|Perses]]), así como a práctica da [[usura]]. Describe aos inmortais que vagan pola terra vixiando a xustiza e a inxustiza.<ref>Hesíodo, ''Obras e días'', Canto III, 250: «Sobre a terra mantenedora de moitos hai trinta mil Inmortais de Zeus que gardan aos homes mortais; e envoltos de aire, corren acá e alá sobre a terra observando os xuízos equitativos e as malas accións.»</ref> O poema considera o traballo como orixe de todo o ben, pois tanto homes como deuses odian aos folgazáns, que parecen [[Abáboroabellón (macho da abella)|abáboros]] nunha colmea.<ref>Hesíodo, ''Obras e días'', 300: «Os Deuses e os homes odian igualmente ao que vive sen facer nada, semellante aos abáboros, que carecen de aguillón e que, sen traballaren pola súa conta, devoran o traballo das abellas.»</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}