Choque de Charkhi Dadri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 34:
 
O KZA1907 foi autorizado a descender a 15.000 pés (4.600 m) cando estaba a 74 millas (119 km) do aeroporto, mentres que o SVA763, viaxando pola mesma aerovía que o KZA1907 pero en dirección contraria, foi autorizado a subir ata os 14.000 pés (4.300 m). Uns 8 minutos despois, ao redor das 18:40, o KZA1907 informou de que alcanzara a altura asignada de 15.000 pés, pero realmente estaba máis baixo, a 14.500 pés (4.400 m), e aínda desendendo. Ao mesmo tempo, Dutta aconsellou ao voo, "tráfico identificado ás 12, Boeing 747 de Saudia recíproco, 10 milles (16 km). Informe cando o vexa".
 
Cando o controlador chamou novamente ao KZA1907 non recibiu resposta. Advertiu da distancia ao outro avión, pero xa era demasiado tarde. Os dous avións chocaran, a cola do KZA1907 cortou a á e o estabilizador horizontal esquerdos do SVA763. O danado Boeing perdou rapidamente o control e descendeu nunha espiral cara o chan con lume saído da á. O Boeing desintegrouse no aire debido ás tensións antes de que os restos golpeasen o chan a case 1.135 km/h. O Ilyushin mantívose estruturalmente intacto, pero entrou nun rápido e incontrolado descenso ata que se estrellou nun campo. Os resatadores atoparon a catro supervivintes en estado crítico no Ilyushin, pero todos morrerían pouco despois. Dous pasaxeiros do voo saudí sobreviviron ao accidente, aínda abrochados aos seus asentos, pero morrerían por feridas internas ao pouco tempo. Como resultado, os 312 ocupantes do SVA763 e os 37 do KZA1907 morrerían.
 
[[Categoría:Accidentes aéreos]]