Arthur Wellesley, duque de Wellington: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
[[Ficheiro:Francisco de Goya y Lucientes 073.jpg|dereita|250 px|miniatura|Arthur Wellesley por [[Francisco de Goya]] (1812).]]
 
'''Arthur Wellesley''', 1º '''Duque de Wellington''', nado en [[Dublín]] o [[1 de maio]] de [[1769]] e finado no [[castelo de Walmer]], en [[Kent, Inglaterra|Kent]] ([[Inglaterra]]), o [[14 de setembro]] de [[1852]], foi un militar do exército británico e mais un estadista. Está considerado unha das figuras militares e políticas máis prominentes da primeira metade do [[século XIX]]. Xogou un salientábel papel durante as [[guerras napoleónicas]], chegando a atinxir o grao de [[mariscal de campo]]. A súa fama provén en boa medida de ser o home que derrotou a [[Napoleón]] na [[Batalla de Waterloo]] en [[1815]].
 
Wellington é comparado con frecuencia co [[John Churchill, Duque de Marlborough|duque de Marlborough]], con quen comparte numerosos riscos, especialmente o paso á política despois dunha exitosa carreira militar. Wellington foi por dúas veces primeiro ministro cos [[tory|conservadores]], e ademais exerceu como figura destacábel na [[Cámara dos Lores]] até o seu retiro en [[1846]].
Liña 41:
No ano 1813, Wellington dirixiu unha nova ofensiva, esta vez contra as liñas de comunicación francesas. Atacou nas alturas ao Norte de [[Burgos]], inesperadamente fixo traer os subministros desde [[Santander]], na costa cantábrica, en vez de Portugal. Persoalmente conduciu unha pequena forza contra o centro do exército francés, mentres o groso das tropas - mandadas por sir [[Thomas Graham]] - envolvía a destra francesa, o que levou aos franceses a deixar Madrid e Burgos. Continuando o seu envolvemento, Wellington colleunos e esmagounos na [[batalla de Vitoria]], vitoria que lle valeu ser promovido ao rango de mariscal de campo. Desgraciadamente, as tropas británicas racharon a disciplina para saquear as carruaxes francesas abandonadas en vez de perseguir os derrotados inimigos. Wellington, no seu informe posterior á batalla, furioso, alcumounas de "feces da terra, só alistados para beberen".
 
Poucos meses despois, en 1814, logo de tomar as pequenas fortificacións de [[Pamplona]] e [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]], Wellington invadiu Francia, e puxo asedio a [[Batalla de Toulouse|Toulouse]], defendida polos franceses so mando do mariscal Soult. O sitio foi interrompido unha vez que se recibiron novas da rendición do propio Napoleón, que algún tempo despois se exiliou na [[illa de Elba]].
 
Aclamado como o heroe conquistador, Wellesley foi feito '''duque de Wellington''', título que aínda manteñen os seus descendentes, e polo que é coñecido na historiografía internacionalmente. Todos os títulos que lle foran outorgados recibiunos, acabada a Guerra Peninsular, de vez nunha cerimonia única. Moi logo foi designado embaixador en Francia, e despois substituíu a [[lord Castlereagh]] como primeiro plenipotenciario británico perante o [[Congreso de Viena]], no que defendeu con forza que Francia mantivese o seu lugar na estratexia de [[balanza de poder]] en [[Europa]]. O [[2 de xaneiro]] de [[1815]], o seu título de Cabaleiro de Bath foi convertido en Cabaleiro da Gran Cruz (Knight Grand Cross).