Federación Republicana Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int; + cat
Liña 2:
 
==Traxectoria==
A FRG agrupaba catro organizacións: a [[ORGA]], o [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], o [[Partido Republicano Radical Socialista|Partido Radical Socialista]] e o [[Partido Radical Federal]]. Esta plataforma pretendía establecer unha estratexia conxunta e autónoma dos republicanos galegos e designou a [[Santiago Casares Quiroga]] como o representante galego na xuntanza dos republicanos españois que se celebrou en [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]] o 17 de agosto de 1930, o [[Pacto de San Sebastián]] que tiña como finalidade elaborar o programa dun futuro goberno provisorio da república.
 
Nos meses anteriores á proclamación da república, a FRG organizou mobilizacións de masas contra o goberno do xeneral Berenguer e participou nas eleccións do 12 de abril de 1931 en coalición co [[PSOE]], conseguindo vencer na maioría das cidades. Tras a proclamación da república a disparidade de estratexias no seo da FRG leva á marcha dos partidos minoritarios dela, permanecendo tan só a ORGA no seo da FRG. Nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes]] a ORGA presenta os seus candidatos baixo as siglas da FRG que manterá ata abril de 1932.
Liña 8:
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]
[[Categoría:Século XX de Galicia]]
[[Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes]]