Poro nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 42:
* Unha posibilidade é que o Nup se una á [[cromatina]] como un complexo proteico. Despois insírese na dobre membrana da envoltura nuclear preto da cromatina. Isto, á súa vez, orixina a fusión desas membranas, creando o poro. Arredor deste complexo proteico inicial uniríanse outros formando o complexo do poro completo. Este método é posible durante cada fase da mitose. Células post mitóticas poderían formar a membrana primeiro e os poros serían inseridos despois.
 
* Outro modelo para explicar a formación dos complexos dos poros é a produción dun complexo preporo inicial, en lugar dun único complexo proteínico completo. Este preporo formaríase cando se unisen varios complexos Nup e se ligasen á cromatina. Isto faría que se formase unha dobre membrana arredor do complexo do preporo durante a rexeneración da envoltura nuclear ao final da mitose. Usando microscopía electrónica observáronse posibles estruturas de preporo na [[cromatina]] antes da formación da [[envoltura nuclear]].<ref>{{cite journal |author=Sheehan MA, Mills AD, Sleeman AM, Laskey RA, Blow JJ |título=Steps in the assembly of replication-competent nuclei in a cell-free system from Xenopus eggs |journal=The Journal of cell biology |volume=106 |issue=1 |pages=1–12 |year=1988 |month=January |pmid=3339085 |pmc=2114961 |doi= 10.1083/jcb.106.1.1|url=http://www.jcb.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=3339085}}</ref> Durante a interfase do ciclo celular a formación do complexo do preporo tería lugar dentro do núcleo, e cada compoñente sería transportado ao núcleo atravesando complexos do poro xa existentes. Os Nups necesarios, unha vez formados no citoplasma, uniríanse a unha importina, o que impediría a ensamblaxe do preporo no citoplasma. Unha vez que xa foron tansportados dentro do núcleo, as [[Ran -GTP]] uniríanse á importina e causarían a liberación do material transportado. Agora as Nup estarían libres no núcleo para formar o preporo. Hai evidencias da unión de [[importina]]s para traer ao núcleo as nucleoporinas Nup 107 e Nup 153.<ref name="linkinghub.elsevier.com"/> A ensamblaxe dos complexos dos poros é un proceso moi rápido, aínda que hai estadios intermedios, o que indica que esta ensamblaxe é un proceso que progresa paso a paso.<ref>{{cite journal |author=Kiseleva E, Rutherford S, Cotter LM, Allen TD, Goldberg MW |título=Steps of nuclear pore complex disassembly and reassembly during mitosis in early Drosophila embryos |journal=Journal of cell science |volume=114 |issue=Pt 20 |pages=3607–18 |year=2001 |month=October |pmid=11707513 |doi= |url=http://jcs.biologists.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=11707513}}</ref>
 
* Un terceiro posible método de ensamblaxe dos complexos dos poros é a división doutro xa existente. Este método parece perfecto para a formación dos complexos dos poros durante a interfase. Sucede cando se engaden máis protómeros a un complexo do poro xa existente. Parece que a simetría de oito pregamentos do complexo do poro ten un grao de plasticidade que permitiría isto. Despois engadiríanse protómeros dabondo como para permitir que se escindise o complexo do poro orixinal, formando outro novo. Este método de ensamblaxe do complexo do poro pode suceder soamente durante a interfase do ciclo celular.