Tradución (proteínas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 20:
O ribosoma contén tres sitios de unión de moléculas: sitio A, sitio P e sitio E. O sitio A é o lugar de entrada dos aminoacil-ARNt (excepto para o primeiro que inicia a síntese, o fmet-ARNt, que entra no sitio P). O sitio P é onde se forma o peptidil-ARNt (a cadea peptídica en crecemento). E o sitio E é o lugar de saída dos ARNt baleiros da súa carga (que xa deixaron o aminoácido que levaban na cadea polipeptídica en formación).
 
A iniciación da tradución en procariotas comeza coas subunidades 50S e 30S do ribosoma disociadas. O IF-1 (factor de iniciación 1) bloquea o sitio A para asegurar que o fMet-ARNt só se poida unir ao sitio P e que ningún outro aminoacil-ARNt se poida unir ao sitio A durante a iniciación, mentres que o IF-3 bloquea o sitio E e evita que as dúas subunidades se asocien. O IF-2 é unha [[GTPase]] pequena]] que se asocia co fmet-ARNt e lle axuda a unirse coa subunidade ribosómica pequena. O ARNr de 16S da subunidade ribosómica menor recoñece a secuencia de unión ao ribosoma que ten no [[extremo 5']] o [[ARNm]] (a [[secuencia Shine-Dalgarno]], situada na zona [[5' UTR]] uns 5-10 [[par de bases|pares de bases]] por diante do [[codón de iniciación]] (AUG); a secuencia Shine-Dalgarno só se encontra en [[procariota]]s). Isto axuda a posicionar correctamente o ribosoma sobre o ARNm para que o sitio P quede directamente sobre o codón de iniciación AUG. O IF-3 axuda a colocar o fmet-ARNt no sitio P, de maneira que o fmet-ARNt interacciona por medio de emparellamento de bases co codón de iniciación do ARNm (AUG). A iniciación remata cando a subunidade ribosómica maior se une ao conxunto provocando a liberación dos factores de iniciación. Os procariotas poden distinguir entre un codón de iniciación AUG, que codifica a [[N-formilmetionina|''N''-formilmetionina]], e un codón AUG normal do interior do ARNm, que codifica [[metionina]].
 
=== Elongación ===