Tetraciclina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 82:
 
== Resistencia ==
As bacterias fanse resistentes á tetraciclina polo menos por tres mecanismos: inactivación encimática da tetraciclina, bombeo, e protección do ribosoma. A inactivación é o tipo máis raro de resistencia, e consiste na adición dun grupo [[acetilo]] á molécula, o que causa a inactivación do fármaco. No bombeo ou efluxo do produto, un xene de resistencia codifica unha [[proteína de membrana]] que bombea activamente a tetraciclina fóra da célula. Este é o mecanismo de acción que se observa no xene de resistencia á tetraciclina do [[plásmido]] artificial [[pBR322]]. No mecanismo de protección ribosómica, un xene de resistencia codifica unha proteína que pode ter varios efectos, dependendo de en que xene sexa transferido. Atopáronse seis clases de xenes/proteínas de protección dos ribosomas, todos con moita [[homoloxía de secuencias|homoloxía]] na súa secuencia, o que suxire un antepasado común na evolución destes organismos.
 
Posibles mecanismos de acción destas proteínas protectoras son: