Orchata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
lig int; retiro iws
Liña 1:
[[Ficheiro:Horchata de chufa.jpg|250px|miniatura|dereita|Orchata con [[fartón|fartons]].]]
[[Ficheiro:Orxata_booth_in_the_streets_of_Valencia.jpg|250px|miniatura|dereita|Venta de orchata nas rúas de [[Valencia - València|Valencia]].]]
 
A '''orchata''' (en [[lingua valenciana|valenciano]]: ''orxata de xufa'', do [[latín]]: ''hordeata'', "feita de [[cebada]] ou orxo"<ref>Entrada orchata no Gran Dicionario Xerais da lingua</ref>) é unha [[bebida]] refrescante (tamén sobremesa), preparada con [[auga]], [[azucre]] e [[chufa]]s. As chufas son uns pequenos tubérculos subterráneos con forma de noz que proceden das raíces da [[xunca doce]] (''[[Cyperus esculentus]]'').
 
==Orixe==
A chufa era moi usada en terra de [[Exipto]], onde se atoparon vasos con elas nas tumbas dos [[Faraón|faraóns]]. Así mesmo, diversos autores persas e árabes mencionaban xa nos seus escritos os beneficios dixestivos e desinfectantes da chufa. Naquela época utilizábase como bebida medicinal xa que é moi beneficiosa para a saúde por ser altamente enerxética e diurética, xa que a orchata é rica en minerais e vitaminas, entre os que destacan o [[fósforo (elemento)|fósforo]], o [[potasio]] e as [[vitamina C|vitaminas C]] e [[vitamina E|E]]. Mais, foi especialmente no [[século VIII]], cando os [[Al-Ándalus|árabes]] introducen o seu cultivo na zona mediterránea, denominándoa «leite de chufa», antecedente directo do que máis tarde pasou a chamarse orchata, sendo a horta de [[Valencia - València|Valencia]] moi apropiada para o seu cultivo, xa que require terra solta e areosa así como temperaturas suaves.
 
Unha [[lenda|lenda popular]] di que o seu nome provén dos tempos da [[Valencia - València#Historia|conquista de Valencia]]. A bebida foi ofrecida ao rei da coroa aragonesa [[Xaime I de Aragón]] na entrada de [[Valencia - València|Valencia]] por unha moza das hortas valencianas. Ao probar o seu sabor, Xaime contestou ''«Açò és or, xata»'', que significa «Isto é ouro, chata». Con todo esta pintoresca historia é falsa. A etimoloxía auténtica lévanos ao [[latín]] ''hordeata'', de ''hordeum'', que significa "de [[cebada]]" (tamén chamada [[orxo]] en galego). Orixinalmente, pois, a orchata era unha auga de [[cebada]].
 
== Elaboración ==
Liña 32 ⟶ 33:
[[Categoría:Gastronomía de Valencia]]
[[Categoría:Bebidas valencianas]]
 
[[de:Horchata de Chufa]]
[[eo:Horĉato]]
[[tl:Orxata]]
[[zh:欧洽塔]]