Retículo endoplasmático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "cs:Endoplazmatické retikulum" é un artigo bo; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
== O transporte de proteínas desde o RE ==
O RE é un centro de clasificación de moléculas proteicas. A maior parte das proteínas do retículo endoplasmático retéñense no orgánulo porque teñen unha secuencia de retención. Esta secuencia está formada por catro aminoácidos situados no extremo da proteína. A secuencia de retención máis común é lys-asp-glu-leu (ou KDEL). Porén, esta secuencia pode variar, polo que outras secuencias poden facer a mesma función. Non se sabe se estas variacións poden destinar a proteína a determinadas localizacións dentro do RE. Hai tres receptores para esta secuencia nas células de mamíferos, e teñen unha alto grao de [[homoloxía de secuencias|homoloxía]] na súa secuencia.
 
As proteínas secretoras, principalmente [[glicoproteína]]s, móvense a través da membrana do retículo e son transportadas desde alí por toda a célula formando parte de [[vesícula]]s, e están marcadas cunha etiqueta que indica o seu destino, que é unha [[secuencia sinal]] (ou péptido sinal) de aminoácidos situada no extremo [[N-terminal]] do polipéptido. Esta secuencia sinal será eliminada cando a proteína chegue ao seu destino. Xeralmente, as vesículas dirixense ao aparato de Golgi.