O loureiro na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
lig ints
Liña 6:
 
==O loureiro, protector==
O loureiro estaba dedicado ó deus [[Apolo]] e os [[emperador]]es coroábanse cunha coroa de loureiro <ref> “''El laurel, por su belleza, y por sus emanaciones balsamicas, fue consagrado al Dios de la Poesia, á ceñir la frente de los vencedores. Se plantaba al rededor de los palacios de los Cesares y Pontifices; se creia libre del rayo la cabeza coronada con él, y los mismos Emperadores se acogian á él en tiempo de tempestad''” (Vocabulario de [[Francisco Javier Rodríguez Gil]] (1825?-1855).</ref>. De feito, o loureiro é árbore de folla [[perennifolio|perenne]], que nunca seca, o que o converte en símbolo da supervivencia. Quizais sexa consecuencia desta crenza o costume galego de colocar no máis alto da [[casa]] acabada de construír, un ramo de loureiro como desexo de protección e ventura para a vivenda e os seus habitantes. Este ramo de loureiro, que xa pasa a designarse simplemente como ''o ramo'', dá nome tamén ó convite ou ''albaroque'' que se fai ó remata-la obra.
 
[[Ficheiro:Lightning NOAA.jpg|miniatura|300px|O loureiro considérase protector contra o raio.]]
[[Ficheiro:BayLeaves.JPG|300pox|miniatura|Follas secas de loureiro.]]
Tamén é ancestral a crenza de que onde medrara un loureiro non caería un [[raio (descarga eléctrica)|raio]] <ref>Lémbrese a oración castelá coa que se pide protección contras a chispa durante as tormentas: ''Santa Bárbara bendita,/ que en cielo estás escrita,/ con laurel y agua bendita''.</ref>. Moi estendida tivo que estar esta crenza cando tivo que ser prohibida por [[Martiño de Dumio]] no século VI na súa obra ''De correctione rusticorum'', onde condenou como [[superstición]] pagá rodea-las casas con loureiros.
 
Liña 26:
==Cantigueiro==
* A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros. <ref>[[A Atalaia, Asados, Rianxo|A Atalaia]] é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).</ref>.
* Arrimeime a ti, loureiro,/ coidando que eras calado./ Loureiro, lengoareteiro,/ lévalo lengoaretado.
 
==O loureiro, símbolo identificativo dos furanchos==
[[Ficheiro:Loureiro Dena 01-01.jpg|miniatura|300px|Un ramallo de loureiro á porta dun furancho.]]
Os [[furancho]]s, esas adegas particulares que abren as portas ó público para vende-lo [[viño]] excedente, identifícanse tradicionalmente colocando un ramallo de loureiro á porta. Este ramo pasou a da-lo propio nome de ''loureiros'' a estes locais.
 
Liña 37:
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* [[Fermín Bouza Brey|BOUZA BREY, FermínF.]] (1929): “Cantigas"Cantigas populares da Arousa”Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204.
* [[Xosé Ramón Mariño Ferro|MARIÑO FERRO, XoséX. RamónR.]] (1985): ''La medicina popular interpretada'' I. Xerais, Vigo 1985.
* [[Vicente Risco|RISCO, VicenteV.]] (1962): "Etnografía: cultura espiritual", en ''Historia de Galiza'', tomo I, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, BosBuenos Aires 1962.
* [[Eladio Rodríguez González|RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, EladioE.]] (1958-1961): ''[[Diccionario enciclopédico gallego-castellano]]''. Galaxia, Vigo 1958-1961.
* [[Jesús Rodríguez López|RODRÍGUEZ LÓPEZ, JesúsJ.]] (1974): ''Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares''. Ed. Celta, Lugo 1974.
 
{{Modelo:Etnografía galega}}
 
[[Categoría: Etnografía galega]]
[[Categoría: Laurus| ]]