Rebordelos, Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 15:
 
==Xeografía==
Rebordelos está situada no extremo nororiental do concello. Conxuga unha zona de marismas pertencentes ao [[espazo natural de Razo-Baldaio]] coñecida como o xuncal, e un litoral máis abrupto en pleno [[arco Ártabro]], co que practicamente se inicia a [[Costa da Morte]]. Seguindo a liña costeira e incluindo o territorio "fuxido" de Imende, esta parroquia esténdese dende un marco natural situado no punto máis alto da Pedra do Sal, demarcando con Lema ata outro que a separa do concello da Laracha. Limita polo norte co [[Océano Atlántico]], polo oeste coa parroquia de [[Lema, Carballo|Lema]], polo sur coa de [[Noicela, Carballo|Noicela]] na que está integrada como "anexo" e polo leste coa de [[Caión, A Laracha|Caión]].
 
Distínguense tres zonas, predominantemente de clima atlántico:
Liña 22:
*A chaira: que soporta as noites de inverno máis frías e as enchentes máis acusadas de toda a parroquia, pola proximidade do [[río Miñoteira]].
 
A parroquia de Rebordelos, incluindo o territorio "fuxido" de Imende está bañada polo océano Atlántico: marismas de Baldaio, praias da Pedra do Sal, Arnela e Leira, Porto Loureiro e Pedra Furada testemuñas de innumerables naufraxios.
 
==Historia==