Asociación Republicana Militar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Restauración borbónica en España
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
En novembro de 1882 decidiuse a creación dunha Xunta Central composta por nove oficiais e presidida polo brigadier Villacampa. A organización foi aumentando (1.500 membros en agosto de 1883), e comezou a preparar un pronunciamento militar: nunha xuntanza en Barcelona o [[27 de xullo]] decidiuse sublevarse o [[5 de agosto]] de [[1883]] pero finalmente decidiuse retrasalo ao [[10 de agosto]]. Prevíase que se sublevasen as gornicións de [[Barcelona]], [[Valencia - València|Valencia]], [[Zaragoza]] e [[Badaxoz]] baixo o grito de ''Viva a República Española!'', sumándose posteriormente ata 22 gornicións máis, pero finalmente Badaxoz sublevouse na data inicial en solitario. O fracaso subseguinte desencadeou a represión entre os membros da ARM e os sublevados en Badaxoz marcharon ao exilio a [[Portugal]] así como outros activistas da organización.
 
Miguel Pérez marchou ao exilio e publicou un folleto contra Ruiz Zorrilla, ''Don Manuel Ruiz Zorrilla ante la ARM'', o cal foi contestado por outros membros da ARM cualificando a Miguel Pérez de traidor.