El País: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*blanco>branco
lig ints
Liña 85:
*[[Romeu]]
|}
'''''El País''''' (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal [[España|español]] de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de [[España]], segundo a [[Oficina de Xustificación da Difusión]]. Ten sede social e redacción central en [[Madrid]], aínda que conta con delegacións nas principais capitais de [[España]] ([[Barcelona]], [[Sevilla]], [[Valencia - València|Valencia]], [[Bilbao]]...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.
 
Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, [[socialdemócrata]] no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre [[España]]. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que acostumbran a reforzar a liña editorial [[progresista]] do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego [[Manuel Rivas]], que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de '''El País''', [[EPS País Semanal]].
Liña 98:
''El País'' foi fundado por [[José Ortega Spottorno]] e saiu á luz o [[4 de maio]] de [[1976]], seis meses despois da muerte de [[Francisco Franco]], e a principios da [[transición española]]. A súa saída ó mercado supuxo unha revolución no panorama xornalístico español, xa que se converteu no primeiro periódico de clara vocación demócrata e europeísta, nun contexto no que o resto de xornais españois viñan dunha longa historia no franquismo. ''El País'' veu a ocupar o baleiro existente e pasou a serc o xornal da [[España]] democrática, dando voz, entre outros, a antigos loitadores antifranquistas e ós defensores da democracia en España, nuns momentos en que o tránsito do franquismo á democracia atopábase aínda en pleno desenvolvemento. O seu primeiro director (ata [[1988]]) foi [[Juan Luis Cebrián]] que viña, como moitos outros xornalistas españois da época, do [[Diario Pueblo]], órgano dos [[sindicatos verticais]] franquistas.
 
Foi con motivo do golpe de estado do [[23-F]] do tenente coronel da Garda Civil [[Antonio Tejero]]. En plena incertiume da noite do [[23 de febreiro]] de [[1981]], co goberno e todos os deputados secuestrados no Congreso, cos tanques do exército ocupando as rúas de [[Valencia - València|Valencia]], e antes de que [[Televisión Española]] puidese emitir a mensaxe institucional do Rei [[Xoán Carlos I]] condenando o golpe, El País sacou á rúa unha edición especial do xornal titulada «''El País'', con la Constitución». Foi así o primeiro diario que saiu aquela noite posicionándose claramente, e chamando ós cidadáns a manifestarse en favor da democracia. Foi moi comentado en medios periodísticos que o que ocupaba daquela o posto de director de ''El País'', [[Juan Luis Cebrián]], chamou por teléfono a [[Pedro J. Ramírez]], que dirixía naquel momento ''Diario 16'', para propoñerlle que ambos medios elaboraran unha publicación conxunta en defensa da democracia, algo ó que Ramírez se negou alegando que prefería agardar unhas horas para ver cómo se desenvolvían os acontecementos. ''Diario 16'' saíu á rúa só trala mensaxe televisiva do Rei.
 
Aqueles acontecementos, e o triunfo por maioría absoluta do [[PSOE]] nas eleccións de [[1982]], facilitaron que ''El País'' se consolidara, durante os anos 80, como líder indiscutible da prensa española, fronte a ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', de tendencia máis conservadora, o seu principal rival naqueles anos.