Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
lig int
Liña 10:
 
== A reafirmación de Serbia ==
En marzo de [[1989]], a crise en Iugoslavia profundizouse tras a adopción dalgunhas emendas á Constitución socialista serbia. A través delas, o Goberno serbio puido reafirmar os seus poderes efectivos sobre as provincias ex autónomas de [[Kosovo]] e [[Voivodina]]. Dado que estas entidades tiñan dereito a voto a nivel da presidencia federal de Iugoslavia (seis membros das repúblicas e dous das provincias autónomas, agora ex autónomas), [[Serbia]], baixo o seu presidente [[Slobodan Milošević]], obtivo o control sobre tres votos de oito na elección da presidencia federal. Grazas aos apoios adicionais de [[República Popular de Montenegro|Montenegro]], habitado pòr serrbios) e, ocasionalmente, [[Bosnia- e Herzegovina]], Serbia estaba en condicións de exercer unha enorme influencia sobre o Goberno federal. Esta situación ocasionou protestas noutras repúblicas, así como propostas de reforma da federación iugoslava.
 
En marzo de [[1989]], a crise en Iugoslavia profundizouse tras a adopción dalgunhas emendas á Constitución socialista serbia. A través delas, o Goberno serbio puido reafirmar os seus poderes efectivos sobre as provincias ex autónomas de [[Kosovo]] e [[Voivodina]]. Dado que estas entidades tiñan dereito a voto a nivel da presidencia federal de Iugoslavia (seis membros das repúblicas e dous das provincias autónomas, agora ex autónomas), [[Serbia]], baixo o seu presidente [[Slobodan Milošević]], obtivo o control sobre tres votos de oito na elección da presidencia federal. Grazas aos apoios adicionais de [[República Popular de Montenegro|Montenegro]], habitado pòr serrbios) e, ocasionalmente, [[Bosnia-Herzegovina]], Serbia estaba en condicións de exercer unha enorme influencia sobre o Goberno federal. Esta situación ocasionou protestas noutras repúblicas, así como propostas de reforma da federación iugoslava.
 
== Movementos electorais e constitucionais ==
 
O debilitamiento do réxime comunista permitiu ao nacionalismo estender a súa presenza política, incluso dentro da propia Liga dos Comunistas de Iugoslavia. No XIV Congreso Extraordinario da Liga, celebrado o [[20 de xaneiro]] de [[1990]], as delegacións das repúblicas mostraron as súas discrepancias sobre os temas principais da federación iugoslava. A delegación croata demandou unha federación menos centralizada, mentres que a delegación serbia, encabezada por Milošević, se opuxo a iso. En consecuencia, os delegados eslovenos e croatas abandonaron o Congreso. Este feito considérase por algúns como o comezo do fin de Iugoslavia.
 
Liña 28 ⟶ 26:
O [[30 de maio]] de [[1990]] o novo Parlamento croata celebrou a súa primeira sesión, na que o presidente Tudjman anunciou a súa intención de aprobar unha nova Constitución (que sería ratificada a finais dese ano) e propuxo multitude de cambios políticos, económicos e sociais, algúns en relación a se os dereitos das minorías serbia e bosníaca serían garantidos ou non. Os dirixentes serbios locais opuxéronse, temendo que a poboación serbia de Croacia se vira ameazada. A súa principal preocupación era que a nova Constitución cambiara o status dos serbios en Croacia, pasando a ser unha 'minoría nacional' en lugar dunha 'nación constituínte'. Isto finalmente sucedeu coa aprobación da Constitución, a finais do ano.
 
En agosto de 1990 celebrouse un referéndum non oficial nas rexións croatas cunha substancial poboación serbia, que serían posteriormente coñecidas como a [[República Serbia de Krajina]] (RSK), situada na fronteira con [[Bosnia- e Herzegovina]], sobre a cuestión da autonomía e soberanía serbias en Croacia.
{{VT|Historia dos eslavos do sur#Croacia e Eslavonia: As Fronteiras Militares}}
[[Ficheiro:Krajina.png|miniatura|250px|En vermello, [[República Serbia de Krajina]], en [[Croacia]].<br /><small>Á esquerda, na fonteira con [[Bosnia e Hercegovina]]; á dereita, na [[Eslavonia|Eslavonia oriental]]. Nótese a coincidencia coas antigas ''Fronteiras Militares'' de Croacia.]]</small>
Liña 141 ⟶ 139:
 
== 1993 Avances militares croatas ==
 
O conflito intermitente en Croacia continuou en 1993 a menor escala que en 1991 e 1992. Realizáronse máis operacións exitosas a cargo das forzas croatas, que recuperaron territorio e liberaron cidades dos bombardeos serbios (por exemplo, Zadar e Gospić), pero entre o alto ao fogo de 1992 e as ofensivas croatas de 1995, a loita foi moi limitada, e as accións militares desenvolvidas nese período de tres anos e medio ocuparon só, en total, unhas dúas semanas.