Johannes Vermeer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
lig int
Liña 12:
Vermeer destacaba na restitución da luz, da textura, da perspectiva (quizais empregaba a ''[[cámara escura]]'') e dos colores transparentes. Cuidaba a harmonía das cores. Nas súas obras pódese sentir o silencio dos personaxes nalgúns momentos íntimos das súas vidas. Interesouse por tódalas capas da sociedade con igual esmero, desde o retrato dunha simple leiteira traballando, ás obras nas que amosa o luxo e esplendor dos ricos burgueses da época nas súas espaciosas casas. A súa pintura revela moitos aspectos da vida desta época. Na súa obra pódense atopar connotacións relixiosas e científicas.
 
Acadou certa fama na súa cidade de Delft como pintor innovador e como experto en cadros. En 1672 foi convocado á [[A Haia|Haia]] para facer unha peritación sobre unha colección de telas vendidas a Federico Guillerme, grangrande elector de [[BrandemburgoBrandeburgo]].
 
Casou en 1653 con Catharina Bolnes, filla de Maria Thins, que dispuña de bos ingresos. Porén, as [[Provincias Unidas]] foron invadidas por [[Francia]] e logo [[Inglaterra]] declaroulles a guerra, o que repercutiu negativamente no mercado da arte en xeral, e nas finanzas dos Vermeer en particular, xa que tiñan once fillos.