Aeroporto de Santander: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 49:
O aeroporto actual, construído sobre terreos de marisma reenchidos da [[baía de Santander]], foi aberto ao tráfico no ano [[1977]]. Con anterioridade existía no mesmo emprazamento un aeródromo de menor tamaño construído por [[batallón de traballo|batallóns de traballadores]] (prisioneiros do [[bando republicano]] da [[Guerra Civil Española]]) entre [[1947]] e [[1952]] e inaugurado ao ano seguinte que veu substituír ao ata entón situado en [[Aeroporto de La Albericia|La Albericia]], que recibía voos comerciais desde [[1949]]. O vello aeroporto de Parayas recibiu a clasificación de internacional en [[1957]]. Tras un peche de tres anos (desde abril de [[1974]] ata o 8 de agosto de [[1977]]) no que o aeroporto sufriu unha profunda renovación que fixo ampliar significativamente as súas instalacións e que tivo un custo de máis de 1.100 millóns de pesetas da época, foi reaberto cunha nova pista de voo de 2.400 [[metro|m]] de lonxitude que posibilitaba tanto o voo visual como instrumental; o primeiro voo correspondeu ao [[DC-9]] "Ciudad de Santander" de [[Iberia Líneas Aéreas de España S.A.|Iberia]] que cubría a ruta [[Barcelona]]-[[Santander]]-[[Santiago de Compostela]].
 
[[Ficheiro:Check-inSantander.jpg|left|250px|Mostradores de facturación|thumb]]
Nos últimos anos volvéronse a executar obras enmarcadas dentro do ''Plan Director'', remodelando e ampliando a terminal así como a instalación de dúas pasarelas ou ''fingers'' para o acceso directo aos avións, ensanchando a plataforma para o estacionamento dun maior número de aeronaves ou a construción de rúas de rodaxe e dunha plataforma destinada á aviación xeral no 2007.