The Afghan Whigs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
lig ints
Liña 22:
O álbum foi lanzado polo entón recén creado [[Selo discográfico|selo]] independente Ultra Suede, do propio batería da banda, [[Steve Earle]]. O disco foi máis tarde descrito por [[Greg Dulli]] como "descartable" debido ao confuso inicio da banda.
 
Nesa época, The Afghan Whigs era unha típica banda de estrada, tocando en todas parte e definindi o seu propio estilo, un hard rock barullento e distorsionado, directamente influenciado polo son dos anos 70 e toques da música soul. [[Greg Dulli]] trasladouse aaos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], para estudar cine, mentres o resto da banda continuaba vivindo en [[Cincinnati]].
 
En [[1990]], a banda recibiu unha chamada da influente discográfica [[Sub Pop]], que lanzou máis tarde o álbum ''Up In It'' e aumentou a popularidade da banda no circuito underground. Pero en [[1991]], durante unha pequena xira por [[Inglaterra]], Dulli colleu unha gripe e a serie de concertos impedían que mellorarse. Para empeorar a situación, a banda envolveuse nunha pelexa nun deses concertos e Dulli acabou sendo internado. Aparte dos golpes producidos pola pelexa soubose que tiña neumonía. Despois dese feito Dulli estivo medio paranoico, pechouse no seu apartamento nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], onde escribíu historias, o guión dunha película, e as súas mellores cancións ata entón para un novo álbum.
 
''Congregation'', de [[1992]], tamén lanzado pola [[Sub Pop]], amosaba á banda cun son máis depresivo, pesado, amosando nas letras o gusto de [[Greg Dulli]] pola desesperación e a traxedia, ao mesmo tempo que continuaban evidenciandose as influencias do [[soul]]. Afghan Wigs estaba inserido no escenario [[grunge]] da época, pero a banda tiña unha identidade propia que ía alén da mestura Black Sabbath/Led Zeppelin e punk rock.