Laurence Sterne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
traduzo de es:Laurence Sterne
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Nado en Clonmel ([[Tipperary]]), no sur de [[Irlanda]], de pai militar inglés destinado nese país. Estudou na [[Universidade de Cambridge|Cambridge]]. Foi ordenado sacerdote da [[Igrexa de Inglaterra]] en 1738. En 1741 casou con Elizabeth Lumley, coa que tivo unha filla, Lydia. En 1760 outorgáronlle o vicariato de [[Coxwold]] ([[Yorkshire]]), onde chamou a atención polos seus excéntricos sermóns. A finais de 1760 estableceuse en [[Londres]], onde levou unha vida disoluta pese a encontrarse xa afectado por unha tuberculose. Por razóns de saúde, de 1762 a 1764, viviu en [[ToulouseTolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) coa súa muller, enferma mental, e a súa filla.
 
Empezou a escribir aos 46 años. En 1765 emprendeu unha viaxe por [[Francia]] e [[Italia]] que deu lugar ao libro ''[[Unha viaxe sentimental por Francia e Italia]]'', obra pensada orixinalmente en catro partes das que Sterne só puido completar dúas, nas que evoca con reflexións cheas de fantasía, humor e melancolía a súa viaxe por [[Calais]], [[Ruan]], [[París]] e os arrabaldes de [[LyonLión]].
 
En 1767 deu a coñecer as súas ''Cartas a Eliza'', correspondencia dirixida á súa amante Eliza Draper. Admirou a [[Miguel de Cervantes|Cervantes]], [[Rabelais]] e [[Jonathan Swift]]. É un dos escritores más innovadores e influentes da literatura. [[Nietzsche]] di de Sterne que é «o escritor máis libre de todos os tempos», e «o gran mestre do equívoco... este é o seu propósito, ter e non ter razón á vez, mesturar a profundidade e a bufonería... Hai que renderse á súa fantasía benévola, sempre benévola». Sterne anticipa moitos dos recursos narrativos das vangardas literarias de fins do século XIX e inicios do XX, en gran medida fai unha especie de [[monólogo interior]] que preanuncia o de [[James Joyce|Joyce]].