Comuna francesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sen resumo de edición
Liña 143:
Nas áreas urbanas, as novas estruturas intercomunais son máis "realidade", sendo creadas por xenuina confianza no valor do funcionamento conxunto na área urbana. Con todo en moitos lugares xurdiron contendas, e non foi posible establecer unha estrutura intercomunal para toda a área urbana: algunhas comunas negáronse a participares neste tipo de estruturas, ou aínda crearon as súas propias estruturas, así que nalgunhas áreas urbanas como [[Marsella]] existen catro estruturas intercomunais distintas. En moitas áreas, as comunas con máis recursos reuníronse con outras comunas ricas negándose a deixar entrar comunas máis pobres, por que terían que subir os impostos aos seus habitantes para soster aos suburbios máis pobres da área urbana. Ademais, as estruturas intercomunais en moitas áreas urbanas son aínda moi novas, e fráxiles: existen tensións entre as comunas; a cidade central da área urbana a miúdo é acusada de desexar dominar as comunas dos arrabais; as comunas con posicións políticas opostas tamén poden sospeitar as unhas das outras.
 
Dous exemplos famosos disto son [[ToulouseTolosa, Francia|Tolosa]] e París. En ToulouseTolosa, unha das máis grandes estruturas intercomunais, a comunidade principal de ToulouseTolosa e os seus arrabais son só unha Comunidade de Aglomeración, malia que ToulouseTolosa sexa o suficientemente grande como para crear unha Comunidade Urbana de acordo á lei. Isto é porque as comunas suburbanas néganse a unha Comunidade Urbana por medo a perder demasiados poderes, e optaron por unha Comunidade de Aglomeración, malia que unha Comunidade de Aglomeración recibe menos fondos do goberno que unha Comunidade Urbana. En París, non agromou ningún tipo de intercomunalidade, os suburbios de París temen o concepto dun "París maior", e así a desunión aínda é a regra na área metropolitana de París, cos arrabais creando moitas distintas estruturas intercomunais pero todas elas sen a cidade de París.
 
Un problema importante coa intercomunalidade, é o feito de que as estruturas intercomunais non teñen representantes elixidos directamente polo pobo, son os representantes de cada comuna individual que pertence á nova estrutura. Como consecuencia, os funcionarios públicos e burócratas son os que establecen a axenda e impleméntana, cos representantes elixidos das comunas só aprobando as decisións craves. A nivel local, esta situación aseméllase á de [[Bruxelas]], onde do poder compartido por moitos estados europeos independentes resultou no que o poder sexa exercido por unha burocracia non elixida polos cidadáns.
Liña 198:
 
=== Nomes de comunas en idiomas distintos do francés ===
Os nomes das comunas francesas están normalmente en [[lingua francesa|francés]]. En áreas onde foron falados outros idiomas distintos do francés, os nomes foron adaptados á ortografía e pronunciación do francés, así como ''[[Tolosa, Francia|Toulouse]]'' (anteriormente ''Tolosa'' en [[lingua occitana|occitano]]), ''[[Estrasburgo|Strasbourg]]'' (anteriormente ''Straßburg'' en [[lingua alemánica|alemánico]]), ou ''[[Perpiñán|Perpignan]]'' (anteriormente ''Perpinyà'' en [[lingua catalá|catalán]]). Con todo, algunhas das comunas pequenas retiveron o seu nome orixinal. Aquí algúns exemplos de nomes conservados nos idiomas que falaron, ou continúan falando, no territorio da República de Francia:
 
Os nomes das comunas francesas están normalmente en [[lingua francesa|francés]]. En áreas onde foron falados outros idiomas distintos do francés, os nomes foron adaptados á ortografía e pronunciación do francés, así como [[Toulouse]] (anteriormente ''Tolosa'' en [[lingua occitana|occitano]]), [[Estrasburgo|Strasbourg]] (anteriormente ''Straßburg'' en [[lingua alemánica|alemánico]]), ou [[Perpiñán|Perpignan]] (anteriormente ''Perpinyà'' en [[lingua catalá|catalán]]). Con todo, algunhas das comunas pequenas retiveron o seu nome orixinal. Aquí algúns exemplos de nomes conservados nos idiomas que falaron, ou continúan falando, no territorio da República de Francia:
[[Ficheiro:Panneau Mittelhausbergen.JPG|miniatura|350px|Cartel sinalizador marcando a entrada a [[Mittelhausbergen]] no departamento de [[Baixo Rin|Bas-Rhin]], [[Alsacia]].]]
* [[lingua alemánica|Alemánico]]: Comuna de [[Mittelhausbergen]] (1.680 habitantes).