Historia da música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 85.91.82.187 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
Liña 33:
 
Deste xeito os especialistas da historia da música elaboran monografías que poden versar sobre aspectos moi diversos. Velaquí algúns exemplos: historia dunha institución ou dun grupo musical, a música nun centro cultural (unha corte, un monasterio, unha cidade...) nun periodo, evolución da música para un instrumento, ou para un grupo de instrumentos, ou para unha agrupación (a orquestra...), a práctica interpretativa nuns períodos e lugares concretos: formas de interpretar (instrumentos, articulación, [[ornamentación (música)|ornamentación]], [[tempo]]s), funcións, significados, circunstancias, repertorios, para quen...), a evolución dun xénero (a sinfonía, a ópera...) nunhas coordenadas xeográficas e/ou cronolóxicas concretas, a historia dun estilo (todo ou nunha zona concreta), a produción dun compositor (posiblemente conectada á súa biografía), a incidencia dun invento (a radio, ...) na cultura musical dun grupo humano; biografías de autores e/ou intérpretes, a difusión dun [[estilo musical|estilo]], un [[xénero musical|xénero]] ou unha [[forma musical]] máis aló do lugar e momento de orixe coas correspondentes transformacións, a produción dun grupo de músicos con ataduras estilísticas (escola), a evolución dunha forma de interpretación (os [[castrado]]s ... ), a evolución dos aspectos profesionais e contractuais do músico, etc. Así mesmo elaboran edicións críticas de obras doutros momentos históricos.
=== Pedagoxía ===
A historia da música ocupa un lugar importante no ensino e a aprendizaxe da música, en moitos casos é o único achegamento á música desde fóra da mesma disciplina, e coa metodoloxía doutra ciencia (a historia).
 
==Notas==