Adolfo Suárez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 32:
 
== Traxectoria ==
Nado en [[Cebreros]] ([[provincia de Ávila|Ávila]]), onde o seu pai, [[Hipólito Suárez]], que era un procurador [[A Coruña|coruñés]], fora represaliado pola súa mlitancia [[II República Española|republicana]]. Adolfo Suárez pasaba os veráns con regularidade na súa casa familiar da Coruña. Durante unha estadía prolongada na cidade, chegou a probar como xogador no [[Deportivo da Coruña]]. Esta filiación coa cidade coruñesa e co clube de fútbol mantívoa toda a súa vida.<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/espana/2014/03/24/profunda-huella-corunesa/824183.html La profunda huella coruñesa]</ref>..
 
Doutor en Dereito pola [[Universidade Complutense de Madrid]], desempeñou diversos cargos na ditadura franquista axudado por Fernando Herrero Tejedor, que foi o seu protector. Desta forma, en [[1958]], pasa a formar parte da "Secretaría Xeral do Movemento" ascendendo, en [[1961]], a Xefe do Gabinete Técnico do Vicesecretario Xeral, procurador das Cortes por Ávila en [[1967]] e gobernador civil de [[Segovia]] en [[1968]]. En [[1969]] é designado Director Xeral de [[Radio-Televisión Española]], permanecendo no cargo até [[1973]].
 
O [[11 de decembro]] de [[1975]] foi é nomeado Secretario Xeral do Movemento no primeiro goberno de [[Carlos Arias Navarro]]. Cando en [[xullo]] de [[1976]] o Rei [[Xoán Carlos I]] lle encargou a formación de goberno, Suárez era un descoñecido para a maioría do pobo. Para comezar o ''desmantelamento'' franquista, confeccionou un grupo de políticos de diferentes ideoloxías: falanxistas "conversos", socialdemócratas, liberais, democristiáns, etc. Nesta tarefa contou coa axuda de [[Torcuato Fernández Miranda]], que logrou a autoliquidación das Cortes franquistas e sacar adiante a Lei de Reforma Política.
 
O [[15 de xuño]] de [[1977]] celebráronse as [[Eleccións Xerais 1977 en España|eleccións xerais de 1977]], as primeiras democráticas en España dende [[1936]]. Adolfo Suárez resultou vencedor, á fronte dun grupo de partidos de centrodereita baixo o nome de UCD ([[Unión de Centro Democrático]]). As Cortes saídas desas eleccións, aprobaron a Constitución de [[1978]] que sairía a referendo popular o [[6 de decembro]].