Historia de Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 41:
[[Ficheiro:Catedral Ourense.jpg|miniatura|300px|esquerda|A Catedral de Ourense]]
 
Coa propiedade da cidade nas súas mans, comezou a implantar a poboación e a restauración do Pazo Episcopal, que nestes momentos constitúe un dos poucos edificios civís de [[Galicia]]. Ao paso que se van facendo estas actuacións, o rei [[Afonso VII]], confírmalle a xurisdición sobre a cidade en [[1131]], concedéndolle ampliacións de terreo que multiplicaron por cinco a súa extensión. Despois de Afonso VII, os reis continuaron a dar todo tipo de privilexios á cidade. Esta época de esplendor que vive a cidade, vai quedar reflectida na construción da [[Catedral de Ourense|Catedral]]. Esta edificación, de esquema [[románico]], comeza a construírse baixo o mandato do bispo Pedro Seguín ([[1157]] - [[1169]]). Á morte deste, continúa a obra D. Adán. O bispo D. Afonso ([[1174]] - [[1213]]) conságraa traendo reliquias de [[Tours]] ([[1188]]). O bispo D. Lorenzo, bo amigo de [[Fernando III de Castela |Fernando III]], conclúe a nave principal, o [[Pórtico do Paraíso]] e a torre das campás.
 
Este período de esplendor deixará marca na distribución da cidade, xa que os Pazos Episcopais e a Catedral, convertidos en fortalezas, van polarizar un novo estiramento da cidade cara o norte e ao arredor da basílica. A porta norte da cidade marcará o camiño cara a Ponte, principal vía de comunicación da cidade. Outras rúas paralelas á cara oeste da Catedral, Lepanto, Tendas e Paz, confluirán coas da cara este na Praza do Ferro, saíndo cara a rúa Santo Domingo en busca da Ponte.