Francisco Vázquez Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Francisco Vázquez Díaz''', coñecido como '''Compostela''', nado en Santiago de Compostela en 1898 e finado en San Juan de Puerto Rico o 21 de febreiro de 1..."
 
Xas (conversa | contribucións)
m recat
Liña 6:
Encargouse da decoración do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana de 1929 en Sevilla. En 1930 a Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa para ampliar estudos no estranxeiro e viaxou a París, onde estivo dous anos. Ao seu regreso realizou unha serie de exposicións en Madrid, Santiago de Compostela e A Coruña, que o proxectaron como un dos máis destacados escultores do momento.
 
A [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno en París e ao comezar a [[II Guerra Mundial]] foi detido nun campo de concentración de refuxiados no sur de Francia. De alí puido emigrar a Santo Domingo en decembro de [[1939]]. En outubro de [[1940]] viaxou a [[Porto Rico]], invitado polo reitor da universidade Juan B. Soto, para realizar unhas demostracións de talla directa en madeira e expoñer as súas esculturas. Estableceuse en [[San Juan de Puerto Rico]] e casou coa profesora Margot Arce en 1942. Desenvolveu un labor pedagóxico no Instituto de Cultura Portorriqueña como director dos talleres de escultura ata a súa xubilación en 1968.
 
A súa obra é, en parte, unha homenaxe á patria adoptiva. Tamén fixo algúns monumentos en pedra destinados a honrar a memoria de personaxes distinguidos: o poeta P.H. Hernández, o actor cómico Diplo ou o soldado García Ledesma. Conseguiu sona a través das representacións de temática animalística (Crocodilo, Foca, Camelos, Cebú, Monos...) e especialmente coa súa serie de pingüíns humanizados e satíricos (Pingüín académico, Pingüín mona, Pingüín abade...), feitos en madeira e cos que rexistrou unha crítica divertida a diversos personaxes, entre eles, algúns da sociedade galega.
Liña 15:
 
{{ORDENAR:Vazquez Diaz, Francisco}}
[[Categoría:Escultores galegosde Galicia]]
[[Categoría:Galegos de Porto Rico]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Nados en 1898]]