Klaus Kinski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q55419
lig int; + data defunción segundo en:wiki
Liña 1:
[[Ficheiro:Klaus Kinski Cannes.jpg|miniatura|250px|]]
[[Ficheiro:Plaque at Klaus Kinski's birthplace in Sopot 3.jpg|miniatura|250px|]]
'''Nikolaus Günther Nakszynski''', coñecido como '''Klaus Kinski''', nado en [[Zoppot]], [[Gdansk]], o [[18 de outubro]] de [[1926]] e finado en Lagunitas, ([[California]],) eno [[23 de novembro]] de [[1991]], foi un actor [[Alemaña|alemán]] famoso pola súa contundencia e expresividade diante das cámaras.
 
==Traxectoria==
O seu pai era un farmacéutico chamado Bruno Nakszyński e a súa nai unha ama de casa chamada Susanne Lutze. Con catro anos a familia trasladouse de [[Danzig]] a [[Berlín]]. Coa explosión da [[Segunda Guerra Mundial]] uniuse ó exército alemán e foi destinado aaos [[Países Baixos - Nederland|Holanda]], onde cau prisioneiro de guerra polos británicos. Pasou a maior parte da guerra naquel campo e foi alí onde descubriu o seu talento para a interpretación, actuando para os demais presos.
 
Rematada a contenda, regresou á súa [[Alemaña]] natal e comezou a actuar en pequenos papeis para o teatro, aínda que se decantaría pola gran pantalla onde estaba mellor remunerado economicamente. Pese a que nun primeiro momento aceptase pequenos papeis a súa grande oportunidade chegou da man do director [[Werner Herzog]] para a película ''[[Aguirre, der Zorn Gottes]]'' (1971) onde daba vida a un explorador español lunático e obsesivo na procura de [[El Dorado]]. Daquela colaboración xurdiu unha relación entre Werner e Kinski que remataría quince anos despois coa película ''Cobra Verde'' (1987) debido ás numerosas discusións e tensións entrambos. Pese a todo, algunhas das películas en común como ''Aguirre, a cólera de Deus'', ''Woyzcek'', ''Nosferatu, a pantasma da noite'' e ''Fitzcarraldo'' son consideradas polos críticos coma obras mestras do cine europeo.