Hans Kelsen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
Esta sinxedla e elegante consideración teórica permite explicar e favorecer a aparición do control constitucional nos países [[Occidental|occidentais]] nos que esta práctica era descoñecida, nomedamente en [[Europa]]. Nos Estados Unidos practcábase este tipo de control desde inicios do [[século XIX]] (ver Marbury vs Madison).
 
Na cimeira da pirámide, o autor coloca unha norma hipotética fundamental (''Grundnorm''), que asegura a coherencia do conxunto, aínda que ao prezo, porén, de recorrer a unha ficción xurídica. O carácter hipotético desta norma levou aos seus detractores a afirmar que o autor non fora capaz de se desprender dos [[postulado]]s do [[Dereito natural]], segundo os cales a lexitimidade do dereito emana da [[divindade]] ou da mesamesma [[natureza]].
 
Consciente destas crítica, kelsen procedeu a efectuar importantes refundicións da súa teoría, se ben se distingue, polo xeral, de dúas épocas na súa obra: antes e despois do exilio norteamericano.