Liexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "es:Lieja" é un artigo bo; cambios estética
mSen resumo de edición
Liña 34:
|
}}
'''Liège''' ([[Lingua francesa|francés]]: ''Liège''; [[Lingua neerlandesa|neerlandés]]: ''Luik'') é unha cidade de [[Bélxica]], capital da [[Provincia de LiégeLiège|provincia homónima]]. Ten uns 185.000 habitantes segundo o censo do ano [[2005]]. Situada xunto a desembocadura do río Ourthe no Mosa, no leste do país. Está comunicada con [[Antuerpen]] polo Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana polo río Mosa.
 
Dende o [[século XV]], a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no [[século XIX]] convertérase nun importante centro industrial, como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do [[caucho]], do [[vidro]] e alimentaria ([[Refinaría de azucre|refinería]] de [[azucre]]). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de [[Europa]], tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liège constitúe o centro cultural dos [[Valonia|valóns]]. A súa universidade fundouse en [[1817]].