República de Artsakh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q244165
Estevoaei (conversa | contribucións)
lig int
Liña 49:
A palabra ''Nagorno-'' é un [[adxectivo]] [[atributo (sintaxe)|atributivo]] [[lingua rusa|ruso]] de contrucción moderna, derivado do adxectivo ''nagorny'' (нагорный), que significa "terra alta". O nome [[lingua azerí|azerí]] da rexión inclúe adxectivos semellantes: "dağlıq" (''montañoso'') ou "yuxarı" (''alto''). Estas palabras non se utilizan no nome [[lingua armenia|armenio]], mais aparecen no nome oficial da rexión durante a era [[Unión Soviética|soviética]] como [[Óblast]] Autónomo de Nagorno-Karabakh. Outras linguas aplican a súas propias formas para "alto" ou "terra alta"; por exeplo o nome oficial utilizado porla República de Nagorno-Karabakh en [[Francia]] é Haut-Karabakh, literalmente "Alto Karabakh".
 
A palabra Karabakh considérase xeralmente de orixe [[lingua turca|turca]] e [[lingua persa|persa]], e significa literalmente "xardín negro". O nome aparece por vez primeira en fontes [[Xeorxia - საქართველო|xeorxianas]] e [[Persia|persas]] durante os [[século XIII|século XIII]] e [[século XIV|XIV]]. Karabagh é outra forma alternativa de [[escrita]] de Karabakh, que tamén denomina a un tipo de alfombra cun determinado patrón producida na zona. Nunha teoría alternativa proposta por Bagrat Ulubabyan asevérase que o nome de Karabakh pouse unha orixe túrquico-armenia, cuxo significado sería "Gran Baghk" (en armenio: Մեծ Բաղք). Esto sería unha referencia a Ktish-Baghk (posteriormente Dizak), un dos principados de Artsakh baixo o goberno da dinastía Aranshahik que ostentou o trono de Reino de Syunik entre os [[século XI|séculos XI]] e [[século XIII|XIII]] e se chamou a si mesmo "Reino de Baghk".
 
Os nomes da rexión nas distintas linguas locais pódense traducir todos como "Karabakh montañoso" ou "xardín negro montañoso":
Liña 66:
 
=== Época soviética ===
Despois da [[Revolución rusa de 1917]], Nagorno Karabaj pasou a formar parte da [[República Democrática Federal de Transcaucasia]], a cal se dividiría en tres repúblicas: [[Armenia]], [[Acerbaixán]] e [[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]]. Acerbaixán reclamou a súa soberanía sobre o territorio coa axuda do [[Imperio otomán]]. En [[1917]], logo de ser cedida á nova República de Acerbaixán, a poboación acerbaixana, que xeralmente habitaba na sección musulmá de Shusha, iniciou un rápido crecemento demográfico.
 
En 1920, Transcaucasia foi integrada na esfera [[URSS|soviética]], tentado lograr o apoio público con promesas de unión entre Armenia e Karabaj. No entanto, a [[Unión Soviética]] tamén tiña plans con respecto a [[Turquía]] para convertela ao sistema comunista. Para iso, foi necesario deixar Karabaj baixo soberanía acerbaixana. Así, a rexión autónoma de Nagorno-Karabaj foi integrada á República Soviética de Acerbaixán en 1923.