Maionesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
 
== Etimoloxía ==
O termo maionesa (en [[Lingua portuguesa|portugués]]: ''maionese'') entra no galego a través do [[Lingua francesa|francés]]: ''mayonnaise''. En castelán tamén se emprega, ademais de ''mayonesa'' a verba ''mahonesa'', e é que despois de moitas especulacións históricas, desmostrouse que ''maionesa'' provén de ''maonesa'', xentilicio de [[Maó]] (Menorca). A primeira documentación escrita do mollo está incluída en 19 receitas, previas á ocupación francesa, do manuscrito de [[Fra Roger]] publicado polo [[Institut Menorquí d'Estudis]] co título ''[[Art de la Cuina]]''. O seu nome neste libro era ''aioli bo''.
 
Semella que era unha variante do [[alioli]], moi popular e con máis prestixio (pola incorporación dos ovos) nas Baleares e máis concretamente na illa de Menorca. Os comerciantes que paraban na illa falaban dun mollo coma o alioli que comeran en Maó, ao estilo de Maó, dunha salsa maonesa. O mollo vaise espallar polo resto da costa mediterránea ibérica, non sempre considerada como un mollo a parte senón frecuentemente coma parte dalgúns pratos precisos, que son os que realmente foron copiados ao inicio. Posteriormente tamén noutras terras mesturábase este mollo en novos pratos e ingredientes.
Liña 18:
Como a maioría de hispanoparlantes están nas Américas, os lingüistas propuxeron a verba ''mayonesa'' con alternativa a ''mahonesa''. A palabra co "y" comezaron a verse nos tarros das maionesas comerciais en España e Galiza. Deste xeito, sóese empregar en España o termo ''mayonesa'', que se galeguizou en ''maionesa''.
 
Algúns entendidos, coma o finado galego [[Camilo José Cela]]<ref>[http://docs.google.com/Doc?docid=dfbw6nw2_7crsznpfn&hl=caanonimos Salsa mahonesa: Article en castellàArtigo de Camilo José Cela] {{Es}}</ref> cren que soamente tería que ser correcta a forma ''maonesa'' en catalán e galego, e ''mahonesa'' en castelán.
 
== Orixe ==