Pegada xenética: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 123:
Cando se usan os [[RFLP]], o risco teórico de que haxa unha coincidencia casual é de 1 en 100.000 millóns, aínda que na práctica é menor porque hai que ter en conta os xemelgos monocigóticos que hai na poboación. Ademais, a taxa de erro no laboratorio é case con certeza máis alta que os riscos mencionados, e a miúdo os procedementos de laboratorio non respectan a teoría coa cal se computan as probabilidades de coincidencia. Por exemplo, as probabilidades de coincidencia poden ser calculadas baseándose nas probabilidades de que os marcadores en dúas mostras teñan as bandas situadas ''con precisión'' na mesma localización, pero un traballador do laboratorio pode concluír que patróns de bandas similares pero non idénticas con precisión proceden de mostras xenéticas idénticas pero que houbo algunha imperfección no xel de agarosa no que se fixo a proba. Porén, neste caso, o traballador do laboratorio incrementa o risco de coincidencia ao expandir o criterio para considerar que hai unha coincidencia. Recentes estudos atoparon taxas de erro relativamente altas, que poden ser preocupantes.<ref>Nick Paton Walsh [http://www.guardian.co.uk/crime/article/0,2763,640157,00.html False result fear over DNA tests] [[The Observer]], Sunday 27 January 2002.</ref> Na época inicial de aplicación dos perfis xenéticos, os datos poboacionais necesarios para computar con precisión a probabilidade dunha coincidencia non estaban ás veces dispoñibles. Entre 1992 e 1996, utilizáronse teitos arbitratiamente baixos de probabilidades de coincidencia en análises de RFLP en vez dos teitos maiores calculados teoricamente.<ref>[http://www.nap.edu/openbook/0309053951/html/35.html The Evaluation of Forensic DNA Evidence] 1996.</ref> Hoxe, as RFLP xa non se usan debido á aparición de tecnoloxías máis sensibles, discriminantes e sinxelas.
Actuamente aplícanse técnicas baseadas nas [[
===Evidencia de parentesco xenético===
|