Peregrinación a Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 6:
Pódense agrupar as posibles motivacións nas seguintes posibilidades:
* Por devoción, incluíndo votos e promesas, como agradecemento por librarse dun mal grave. Tamén houbo casos de peregrinos, de pago ou voluntarios, que viñan interceder ante o Apóstolo encomendados por un pobo sometido a algunha calamidade, como [[peste negra|pestes]] ou [[fame negra|fames negras]]. A cidade de [[Perpignan]] pagou a viaxe de dous peregrinos en [[1482]] para saír dunha gran seca e doutro en [[1561]] <ref>López Pereira, px. 38.</ref>.
* Forzados, como penitencia canónica para expiar un [[pecado]] grave ou sentenza ditada por un tribunal. Un concilio celebrado en [[Clermont-Ferrand|Clermont]] en [[1150]] permitía cumprir mediante unha peregrinación unha sentencia de [[asasinato]] ou por causar un incendio. Houbo ocasións nas que estas peregrinacións de expiación debían facer en condicións especialmente duras, coma os que tiñan quecomo facelo encadeados.
* Pódense incluír tamén como forzados os peregrinos obrigados por [[testamento|manda testamentaria]]. Así foi que un tal Bernardo testaba en [[1350]] que "''Ordeno que, como prometín facer cinco peregrinacións, unha a Santiago, outra a ... , que esas peregrinacións sexan feitas polos meus fillos, cada un a súa, se un só non pode facelas todas''" <ref>Citado por López Pereira, px. 38.</ref>.
* Económicos, cando se facía o Camiño no nome doutra persoa, cousa frecuente na [[Baixa Idade Media]] cando apareceron auténticos peregrinos profesionais. En [[1395]], un cóengo francés ditaditaba que "''Quero e ordeno ... que un pobre vaia a Santiago de Galicia no meu nome e á miña conta, e que dea en ofrenda un franco de ouro''" <ref>López Pereira, px. 38.</ref>.
* Motivos ilícitos, como [[roubo]] ou [[prostitución]], actividades facilitadas polo anonimato. Tamén para a espionaxe, aproveitando o salvoconduto que garantía a inmunidade dos peregrinos para atravesar terras inimigas. Mesmo se describe a existencia de falsos peregrinos que ían e veñían co único interese de sobrevivir, aproveitando daa cama e comida gratuíta que lles ofrecían nos albergues ou veciños caritativos. No Libro I do ''[[Códice Calixtino]]'' cóntase o caso dun home que foi aforcado -e pendurado no Camiño- por incitar ós peregrinos a saír antes do mencer e, se alguén lle facía caso, acompañábao ata que, en calquera punto illado, atacábano os seus compañeiros para matalo e roubalo.
* Negocio, aproveitando as oportunidades que ofrecían as xentes e as vilas que se cruzaban para a compra e venda de todo tipo de obxectos. Son os ''romei mercatores'' que xorden a partir do século XV.
* Turismo, sobre todo no [[século XX]].
Liña 28:
O peregrino levaba un manto con [[esclavina]], chapeu de aba ancha e para apoiarse e defenderse dos animais salvaxes un bordón longo. No bordón atábase unha [[cabaza]], na que levaba [[auga]] ou [[viño]].
 
Rematada a viaxe, os peregrinos cosían no manto e na esclavina cunchas de [[vieira]]s, que se converteron no símbolo do camiñoCamiño.
 
{{cita|"''Hai no mar de Santiago un tipo de peixes, ós que o vulgo chama 'veras', que teñen dúas cunchas por ámbalas dúas partes, entre as que, coma no medio de dous escudos, agóchase o molusco, semellante a unha ostra. Estas dúas cunchas, talladas coma os dedos dunha man, ... cósenas os peregrinos que volven de Santiago nas súas capas en honor do Apóstolo e en lembranza súa, levándoas con moita ledicia ás súas casas como sinal de tan longa viaxe''".|''Veneranda Dies'', I, 17 (citado porLópezpor López Pereira, px. 40.)}}
 
O mesmo [[Aimery Picaud|Picaud]], cando describe na súa ''Guía do Peregrino'' (Libro V do ''Códice Calixtino'') a cidade de Santiago, di que diante da porta Francíxena (hoxe, da [[Fachada da Acibechería|Acibechería]]) "''... está o paraíso, asoallado de pedra, onde se venden ós peregrinos cónchegas, ou sexa, símbolos de Santiago''" <ref>López Pereira, px. 132. Neste contexto, ''paraíso'', ten o significado de adro.</ref>.
 
==Notas==