Illa de Sálvora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
{{Coordenadas|42|28|24.96|N|9|0|42.12|W|display=title}}
[[Ficheiro:Localizacion Ria de Arousa.Galicia.png|miniatura|300px|Localización da illa de Sálvora.]]
A '''Illa de Sálvora''' está situada na boca da [[ría de Arousa]]. Pertence na actualidade á parroquia de [[Aguiño, Ribeira|Aguiño]] (concello de [[Ribeira]]), creada no concelloano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de [[Carreira, Ribeira|Carreira]], a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes [[Illa de Vionta|Vionta]], [[Illa Herbosa|Herbosa]] e [[Illa de Noro|Noro]] e as [[Illas Sagres|Sagres]] forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de [[Illas Cíes|Cíes]], [[Illa de Ons|Ons]] e [[Illa de Cortegada|Cortegada]] no [[Parque nacional das Illas Atlánticas]] no ano [[2002]].
 
Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde [[1972]]. Na illa, de titularidade privada, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catalina, un almacén de finais do sec. XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de [[pazo]], unha antiga taberna reconvertida en [[capela]], un [[faro]], un peirao, un [[cruceiro]], dous muíños e a estatua dunha [[serea]]. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por [[mergullo|mergulladores]] deportivos.