Análises moleculares de ADN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 46:
 
== Tipos de xeración de datos moleculares ==
Os taxónomos valéronse de diversas formas de analizar o ADN, aínda que hoxe en día predomina a análise directa das secuencias, tamén se utilizaron outros métodos como o mapeo de [[sitio de restrición|sitios de restrición]].
 
=== Mapeo de sitios de restrición ===
Os primeiros estudos moleculares consistiron de mapeos de sitios de restrición. Para iso extraíase o ADN e logo mesturáballo con [[encima de restrición|encimas de restrición]], que o cortaban en secuencias específicas (por exemplo a encima ''Bam''HI corta o ADN en todos os sitios en que a secuencia sexa GGATCC). Logo utilízanse métodos para separar os pedaciños de ADN segundo o seu tamaño, e esa información dada por varias encimas de restrición utilizábase para reconstruír a secuencia de ADN por laboriosos métodos.
 
O mapeo de sitios de restrición segue sendo común para estudar a variación no xenoma do cloroplasto e o ARN ribosómico, particularmente entre especies conxenéricas e ás veces dentro de cada especie tamén.