Burlada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Redirixida cara a "Burlata"
Liña 1:
#REDIRECCIÓN [[Burlata]]
{{Cidade|
escudo = [[Ficheiro:Escudo de Burlada.svg|75px]] |
bandeira = [[Ficheiro:Bandera de Burlada.svg|125px|border]] |
situación = [[Ficheiro:Navarra - Mapa municipal Burlada.svg|220px]] |
país = {{ESPb}} [[España]] |
división 1 = [[Comunidade autónoma]] |
nome división 1 = {{NAVb}} [[Navarra]] |
división 2 = [[Provincias de España|Provincia]] |
nome división 2 = {{NAVb}} [[Navarra]] |
división 3 = Comarca |
nome división 3 = [[Cuenca de Pamplona]] |
altitude = 423 |
superficie = 2,12 |
poboación = 18.162 hab. ([[2012]]) |
densidade = 8.566,98 hab./km² |
xentilicio = burladés/esa; burlatarra |
código postal = 31600|
alcalde = José Carlos González Muñoz ([[UPN]]) |
sitio web = [http://www.burlada.es/ www.burlada.es] |
}}
'''Burlada''' ou '''Burlata'''<ref>''Burlata'' é o topónimo en [[lingua éuscara|éuscaro]], ''Burlada'' é o topónimo en [[lingua castelá|castelán]] e os dous son cooficiais.</ref> é un municipio [[España|español]] da [[Comunidade Foral de Navarra]], situado no [[meiriñado de Sangüesa]] e na [[Cuenca de Pamplona]].
 
É o cuarto municipio máis poboado de [[Navarra]] con 18.162 habitantes ([[2012]]), debido especialmente á súa situación, xa que dista menos de 3 km de [[Pamplona]].
 
== Xeografía ==
Burlada atópase xeográficamente na [[Cuenca de Pamplona]] e xa que logo forma parte da [[Área metropolitana de Pamplona|área metropolitana]] da capital navarra. Limita ao norte con [[Pamplona]] e [[Villava]], ao leste con [[Huarte]], ao sur con [[Egüés]] e ao oeste con [[Pamplona]].
 
== Historia ==
Tense constancia de que os [[Lista de monarcas de Navarra|Reis de Navarra]] pasaban tempadas de asueto no palacio de que dispuñan en Burlada. Este palacio, xa derruído, estaba conectado de forma privada coa antiga igrexa románica, tamén derruída a mediados do [[século XX]].
Outro dato que denota a importancia histórica desta localidade é a ponte románico que cruza o [[río Arga]] ao seu paso polo pobo.
 
== Monumentos ==
===Monumentos civís===
*'''Ponte de Burlada'''
Ponte [[Idade Media|medieval]] composto de seis arcos de medio punto. Parece ser modificado en diferentes épocas, posto que orixinalmente a súa forma debeu de ser máis apuntada, con pendentes máis fortes a ambos os dous lados.
Consta de 6 arcos de 9 metros de lonxitude de van.
É difícil determinar cando foi construído, xa que é un das pontes que máis reconstrucións tivo.
*'''Palacetes de Burlada'''
Son varios edificios de principios do [[século XX]]. Atópanse na rúa Maior e o máis significativo é o palacio Uranga, que está rodeado dun parque.
 
===Monumentos relixiosos===
[[Ficheiro:Burlada - Iglesia de San Blas 2.jpg|220px|miniatura|Igrexa de San Blas]]
*'''Igrexa de San Xoán'''
A primitiva igrexa atopábase situada na actual praza San Juan, terreo que ocupou a Casa Consistorial ata o ano 2008.
O 24 de xuño de [[1952]], coincidindo coa festividade de [[Xoán o Bautista|San Xoán Bautista]], comezouse a construción do novo Templo. A súa inauguración tivo lugar o domingo 17 de outubro de [[1954]]. O novo templo foi un proxecto do arquitecto [[Javier Yárnoz]].
É un edificio de planta latina e construción moderna, do que o máis destacable é o seu mobiliario que procede de diferentes [[Lista de concellos de Navarra|localidades de Navarra]]. O retablo maior que preside o templo é de [[Neoclasicismo|estilo neoclásico]] e procede da [[Catedral de Pamplona]], onde estaba dedicado a [[San Blas]].
 
*'''Parroquia de San Blas'''
Foi creada o 29 de xuño de [[1970]], baixo a advocación de [[Santa María Soidade Torres Acosta]], relixiosa madrileña fundadora das [[Servas de María]], dedicadas á atención a domicilio de enfermos pobres, velándoos durante as noites.
A nova [[Parroquia eclesiástica|parroquia]] xorde debido ao crecemento de poboación que experimenta Burlada naqueles anos e o nome que recibe inicialmente débese a que ese mesmo ano, o 25 de xaneiro, foi canonizada polo Papa [[Paulo VI, Papa|Paulo VI]] a fundadora desta congregación relixiosa fincada en Burlada desde o ano [[1942]], data na que se abriu o edificio do seu Noviciado o día 2 de xullo.
 
=== Comunicacións ===
Está directamente comunicada con [[Pamplona]], da cal dista 3 km, á que está unida a modo de continuo urbano.
A N-135 que une Pamplona con [[Francia]] a través de [[Valcarlos]] atravesa Burlada polo seu extremo meridional.
a [[NA-121-A]] (de [[Pamplona]] a [[Francia]] por [[Irun]]) atravesa Burlada pola súa banda central.
 
== Festas ==
*'''Festas principais:''' Do 15 ao 19 de agosto.
*'''Entroidos:''' Martingala de Burlada (''Burlatako Martingala'', nome orixinal)
*'''Festas de San Xoán:''' Patrón da localidade. Do 23 ao 26 de xuño.
 
== Deportes ==
*'''Fútbol:''' O equipo máis importante da localidade é a [[Unión Club Deportiva Burladés]], xurdida da de fusión de dous clubs anteriores. Participa na categoría de rexional preferente do fútbol español. Disputa os seus encontros como local no Estadio O Soto. O seu actual presidente é Francisco Javier Bator.
 
== Demografía ==
Burlada ocupa o cuarto posto como [[municipio]] de maior poboación de [[Navarra]], por detrás de [[Pamplona]], [[Tudela]] e [[Barañáin]], cunha poboación de 18.162 habitantes en [[2012]], dos que 8.900 son varóns e 9.295 son mulleres. A súa densidade de poboación é de 8.566,98 hab/km².
 
{| class="wikitable" align="center" cellspacing="0" cellpadding="3" style="border: 1px solid #999; border-right: 2px solid #999; border-bottom:2px solid #999"
! align="center" colspan="12"| Evolución demográfica<ref>[http://www.navarra.es/home_é/Navarra/272 municipios/entidade.html?cod=149 Burlada - Goberno de Navarra - Información e datos de entidades locais de Navarra]</ref><ref>[http://www.cfnavarra.es/estadistica/index.html Instituto de Estatística de Navarra]</ref>
|-
! [[1996]] !! [[1998]] !! [[1999]] !! [[2000]] !! [[2001]] !! [[2002]] !! [[2003]] !! [[2004]] !! [[2005]] !! [[2006]] !! [[2007]] !! [[2012]]
|-
| align=center| 15 366 || align=center| 15 860 || align=center| 16 647 || align=center| 16 887 || align=center| 17 288 || align=center| 17 647 || align=center| 17 964 || align=center| 18 040 || align=center| 18 316 || align=center| 18 388 || align=center| 18 337 || align=center| 18 162
|}
 
== Personaxes soados ==
* [[Fernando Chivite]] ([[1959]]), escritor.
* [[Koldo Gil]] ([[1978]]): Ciclista.
* [[Rubén Beloki]] ([[1976]]): [[Pelota vasca|Pelotari]]. Campión en 4 ocasións do manomanista individual.
* [[Iñaki Esain]] ([[1978]]): [[Pelotari]].
* [[Mateo Garralda]] ([[1969]]): Xogador de balonmán.
* [[Joaquín Asiáin]] ([[1968]]): Tenor.
* [[Jesús Artola]] ([[1886]]-[[1970]]): Político republicano. Gobernador civil de Guipúscoa cando estalou a [[Guerra Civil Española]].
* [[Hilarión Eslava]] ([[1807]]-[[1878]]): Compositor e musicólogo.
* [[Leonor de Márchea]] ([[1407]]-[[1464]]): Leonor de Borbón-Márchea. Princesa navarra nacida en Burlada; filla de Beatriz e neta de [[Carlos III o Nobre]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Burlada-Burlata}}
* [http://www.burlada.es Sitio web do concello de Burlada] {{es}}
* [http://www.navarra.es/home_es/Navarra/272%20municipios/entidad.html?cod=149 Burlada] - Goberno de Navarra - Información e datos de entidades locais de Navarra. {{es}}
 
{{Concellos de Navarra}}
 
[[Categoría:Cidades de Navarra]]
[[Categoría:Concellos de Navarra]]