Catarismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "af:Kathaar" é un artigo destacado; cambios estética
Liña 2:
O '''catarismo''' é un movemento relixioso de tipo dualista que arraigou especialmente en Languedoc ([[Occitania]]) durante a Baixa [[Idade Media]]. Cátaro significa puro e os seus seguidores practicaban un gran rigorismo moral renunciando ás riquezas materiais, á [[sexualidade]] e afastándose da sociedade xerárquica eclesial co apoio da nobreza local, que vía neles un factor de deslexitimación do poder dos bispos da [[Igrexa Católica]] e do rei de [[Francia]], que se disputaban o poder na nación occitana. Tamén son coñecidos como albixenses pola centralidade que para eles tivo a cidade de Albi nese pais, hoxe parte da Francia actual.
 
== Doutrina ==
Esta sostiña que o Deus creador non era o Deus Bo senón un malévolo demiúrgo de onde saen a corrupción e a morte. Sendo o corpo e a materia algo malo e perverso, [[Xesús de Nazaret]] non se tiña encarnado, nin tiña morto realmente na cruz, e sendo os sacramentos referentes a obxectos materiais, estes eran falsos e perniciosos agás a confesión. Vivían nunha rigorosa austeridade, rexeitaban a sexualidade e toleraban o matrimonio para aqueles que non tivesen aínda a condición de perfectos. A sexualidade bendicida mediante o sacramento do matrimonio era para eles unha aberración e un sacrilexio.
 
== Orixes ==
Semella ser unha corrente de pensamento e espiritualidade dualistas procedente da actual [[Bulgaria]] identificada cos bogomilos e proscrita pola [[Igrexa Ortodoxa]] dominante no [[Imperio Bizantino]]. Arraigaría no mediodía galo por mor das rutas comerciais e o trafego de mercadorías.
 
== Relacións cos predicadores ==
Os monxes cistercienses tentaron a conversión das masas populares fascinadas pola autenticidade dos seguidores do catarismo. Mais o afastamento propio da vida monacal era unha dificultade para a reevanxelización. Os [[Papa]]s organizaron misións que escandalizaron a [[Domingos de Guzmán]] pola súa pompa e luxo e consecuente ineficacia fronte ao exemplar rigorismo moral cátaro. Isto animou a Domingos de Guzmán a emprender unha predicación dende a pobreza e a austeridade que tivo resultados discretos e insuficientes, pero que está na orixe da orde dominica.
 
== [[Cruzada Albixense]] e xenocidio ==
Os resultados escasos da predicación pacífica impulsada por Domingos de Guzmán, levou ao Papa a ordenar a organización dunha cruzada co gallo do asasinato do seu legado [[Pierre de Castelnau]] en xaneiro de [[1208]], supostamente por orde de [[Raimundo VI]], conde de Tolosa e defensor dos cátaros. Esta cruzada dexenerou no exterminio de decenas de miles de persoas, a implantación da [[Inquisición]], o sometemento de Occitania ao rei de Francia e a desarticulación definitiva do movemento cátaro. A promesa de facerse coas posesións e terras dos cátaros propiciou o esmagamento do movemento e a implantación dun novo poder político fiel ao rei de Francia.
 
O derradeiro prefecto cátaro coñecido, [[Guillermo Belibaste]], foi executado en [[1321]].
 
{{Ligazón AD|af}}