Elias Canetti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Elias Canetti" é un artigo bo; cambios estética
Liña 15:
'''Elias Canetti''', nado en [[Rustschuk]], agora chamada [[Ruse]], na actual [[Bulgaria]], o [[25 de xullo]] de [[1905]] e finado en [[Zúric]] o [[14 de agosto]] de [[1994]], foi un [[escritor]] e pensador en [[lingua alemá]], [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1981]].
 
== Traxectoria ==
Canetti era fillo dunha familia comerciante [[xudeu|xudía]] de orixe [[sefardí]] (o seu apelido provén de [[Cañete (Cuenca)|Cañete]], pobo da [[Provincia de Cuenca|Cuenca]]). Viviu na actual Bulgaria ata que en [[1911]] se trasladou a [[Gran Bretaña]], máis precisamente á cidade de [[Manchester]], onde tomou contacto coas mellores obras da literatura universal. Desde neno dominaba o [[búlgaro]], o [[Lingua alemá|alemán]] e o sefardí, idioma que asociaba a fortes recordos da infancia. Morto o seu pai, ao ano seguinte a familia emigrou a [[Viena]], onde viviu a [[Primeira Guerra Mundial]] e enorgullécese cos seus pequenos amigos de ser "británico antes que austríaco". Unha vez instalado en [[Austria]], utilizará o alemán principalmente.
 
Liña 22:
Incómodo coa mentalidade e os costumes ingleses, mostrouse moi crítico coa intelectualidade do país, como describe no seu libro ''Party im Blitz''. Foi amante da novelista británica [[Iris Murdoch]], de quen deixou neste libro un retrato inmisericorde. A partir da década de [[1970]] viviu en Zúric ata a súa morte, acontecida o [[14 de agosto]] de [[1994]]. En [[1971]], tras a morte da súa primeira esposa, casa coa restauradora de arte [[Hera Buschor]], de quen ten unha filla. En [[1972]] recibiu o [[Premio Georg Büchner]], a máis importante distinción literaria en lingua alemá, e en [[1981]] o Premio Nobel de Literatura. Entre os fundamentos da entrega do Nobel menciónase o seu estudo dos movementos de masas e, de xeito especial, da brutalidade do nacionalsocialismo xermano e das ditaduras en xeral. O conxunto da súa obra persoal non poderá ser coñecido ata o [[2024]] polas súas propias disposicións testamentarias.
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Elias Canetti tomb-stone.jpg|miniatura|dereita|Tumba de Elias Canetti en Zúric]]
* [[1932]]: ''Die Hochzeit'' (''A Voda'')
Liña 44:
* [[2005]]: ''Aufzeichnungen für Marie-Louise'', obra pòstuma
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/literature/laureates/1981/index.html Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1981] {{en}}
 
{{Premio Nobel de Literatura}}
{{ORDENAR:Canetti, Elias}}
 
[[Categoría:Escritores de Bulgaria]]
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]
Liña 56 ⟶ 57:
[[Categoría:Finados en 1994]]
[[Categoría:Premios Nobel do Reino Unido]]
 
{{Link GA|de}}