Bartolomé Esteban Murillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 40 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q192062
Liña 7:
[[Ficheiro:Bartolomé Esteban Murillo - The Young Beggar.JPG|miniatura|dereita|250px|''O esmoleiro'', de Murillo, c. 1645. A cómoda posición da [[Monarquía Católica]] da España do [[Antigo Réxime]], recibindo inmensas rendas de América que gasta nas guerras de Europa e nos luxos da corte, lonxe de buscar a modernización e o cambio social, valora a [[pobreza]] pola súa positiva dimensión teolóxica.]]
 
Bartolomé Esteban Murillo era fillo de Gaspar Esteban e María Pérez, persoas de acomodada posición<ref>A. de la Banda, ''Murillo'', in [[Gran Enciclopedia Rialp]]. Madrid. 1973, t. 16, s.v.</ref>. Seu pai era un físico-barbeiro. Orfo desde crío, educado pola súa irmá, en [[1619]], Murillo entrou como aprendiz no obradoiro do pintor [[Juan del Castillo]], con o que tiña certo parentesco. Segundo o pintor e tratadista [[Antonio Palomino]], Murillo efectuou unha viaxe a [[Madrid]]. Debeu ser moi curta, pois unha estadía maior por forza tería deixado trazas. Cóidase que a viaxe tería lugar ora antes de [[1645]], ora no período 1648-1650, etapa da que se carece de referencias súas en Sevilla. Outras fontes, falan tamén de que tería realizado unha viaxe a [[Italia]]. Mais como no caso anterior, todo está envolto en nebulosidades. Sábese, porén, con seguranza, que estivo na corte en [[1658]].
 
En [[1645]] casou con Beatriz Cabrera. O matrimonio tivo trece fillos, varios dos cales serviron a Igrexa. O pintor era cofrade da Irmandade do Rosario na súa freguesía da Magdalena, unha confraría relixiosa e membro do gremio de pintores de San Lucas.