Micotoxinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A palabra micotoxina deriva do grego mikes (fungo) e toxicum (veleno). Baixo esta denominación agrúpanse unha serie de compostos de baixo peso molecular prexudiciais para animais vertebrados, excluíndo bacterias e plantas, producidas por fungos, que non perden a súa toxicidade por tratamento térmico nin por acción dos complexos enzimáticos gastrointestinais. Tamén se exclúen aquelas toxinas presentes nas setas velenosas. <ref>{{cita libro|título=Micotoxinas en alimentos|ano=2007|editor=Díaz de Santos|localización=España|autor=1. José Miguel Soriano del Castillo|coautores=M. Lourdes Abarca, Houda Berrada Ramdani, M.Rosa Bragulat Arará, Pedro A. Burdaspal Pérez, F.Javier Cabañes Sáenz Et al|editor=Díaz de Santos}}</ref>
As micotoxinas son metabolitos secundarios dos fungos, é dicir, non son indispensables para a súa supervivencia, e maioritariamente fórmanse cando a fase de desenrolodesenvolvemento chega a súa etapa final e durante a fase estacionaria dos mesmos, sendo a míudo relacionadas coa fase de diferenciación e esporulación.
As micotoxinas poden contaminar alimentos ou materias primas utilizadas para a súa elaboración, dando lugar a un grupo de enfermidades denominadas micotoxicosis, que presentan as seguintes características comúns:
*Son enfermidades non transmisibles
*O tratamento fármacolóxico ten pouco ou ningún efecto
*Nos brotes observados no campo o problema é estacional debido a que as condicións climáticas afectan ao desenrolodesenvolvemento do fungo, e o brote está comunmente asociado a un alimento ou forraxe específico <ref>{{cita web|apelidos=Carrillo|nome=Leonor|título=Los hongos de los alimentos y forrajes|url=http://www.unsa.edu.ar/matbib/micologia.htm|dataacceso=16 de abril de 2013}}</ref>
 
As micotoxicosis agudas representan un problema de saúde animal, posto que os alimentos contaminados son rexeitados para consumo humano e destínanse ao consumo do gando. No home presentan maior importancia as micotoxicosis crónicas por exposicións prolongadas a estas sustancias. Os efectos adversos das micotoxinas poden afectar a distintos aparellos e órganos, especialmente ao fígado, ril, sistema nervioso, endocrino e inmunitario, e os síntomas que presentan poden ser moi variables en función da sustancia implicada e da variabilidade individual.