Periósteo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
Código = {{TerminologiaHistologica|2|00|03.7.00018}} |
}}
O '''periósteo''' (do grego peri + osteon, "arredor do óso") é unha membrana que cobre a superficie externa dos [[óso]]s,<ref name="Netter et al.">{{cite book | title=Musculoskeletal system: anatomy, physiology, and metabolic disorders | publisher=Ciba-Geigy Corporation | year=1990 | location=Summit, New Jersey | pages=170 | isbn=0-914168-88-6 | last1=Netter | first1=Frank H. | last2=Dingle | first2=Regina V. | last3=Mankin | first3=Henry J.}}</ref> excepto nas [[articulación (anatomía)|articulacións]] dos [[óso longo|ósos longos]] (que no seu lugar están cubertas por [[cartilaxe]] articular hialinohialina). A membrana que tapiza a superficie interna dos ósos (no oco das [[diáfise]]s) chámase [[endósteo]].
 
O periósteo está formado por [[tecido conectivo]] irregular denso. O periósteo divídese en dúas capas, unha externa ou "capa fibrosa" e outra interna ou "capa cámbium" (ou "capa osteoxénica"). A capa fibrosa contén [[fibroblastos]], mentres que a capa cámbium contén [[célula proxenitora|células proxenitoras]] que se desenvolven orixinando [[osteoblasto]]s. Estes osteoblastos son responsables do incremento do crecemento da anchura dos ósos longos (a lonxitude do óso está controlada pola [[placa epifisal]] e na remodelación do óso interveñen osteoblastos das [[osteona]]s) e do tamaño global doutros tipos de ósos. Despois dunha fractura ósea, as células proxenitoras desenvólvense en osteoblastos e [[condroblasto]]s, que son esenciais para o proceso da curación da fractura.
 
AAo diferenzacontrario doque o [[tecido óseo]], o periósteo posúe terminacións nerviosas [[Nocicepción|nociceptoras]] para captar a dor, o que o fai moi sensible á manipulación. Tamén proporciona nutrición ao recibir rego sanguíneo. O periósteo está unido ao óso por fortes fibras con moito [[coláxeno]] chamadas [[fibra de Sharpey|fibras de Sharpey]], que se estenden polas laminiñas circunferenciais e intersticiais do óso. Proporcionan tamén un punto de unión aos [[músculo]]s e [[tendón]]s.
 
O periósteo que cobre a superfice externa dos ósos do [[cranio]] denomínase "pericranio", excepto cando se fai referencia ás capas do coiro cabeludo.