Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 85.91.87.246 (conversa); cambiado á última versión feita por 85.91.87.245
Liña 93:
Na Sada da [[Restauración borbónica en España]] creáronse dous bloques ou familias políticas ben diferenciadas. Por unha banda a liberal, composta maioritariamente por propietarios rendistas do rural e liderada polo facendado de [[Soñeiro, Sada|Soñeiro]] Antonio Domínguez Fariña. Da outra banda estaban os conservadores, provenientes dun ámbito máis urbano e liderados durante un longo período por Ángel López Vidal. Ambos grupos políticos alternaríanse á fronte do Concello, non sen manteren numerosas confrontacións. Estaban ao servizo de redes clientelares moi afondadas nas parroquias. Hai que destacar, contra o final do período ([[1922]]), a traída desde [[A Coruña]] do kiosko La Terraza, sublime mostra do modernismo galego.
 
===== A Ditadura de Primo de PuchyRivera =====
Durante a ditadura de Primo de PuchyRivera producíronse algúns feitos de significación, coma a chegada do tranvía, a construción das escolas de ''Sada y Sus Contornos'', sufragada pola sociedade homónima de New York, ou, no eido cultural, a publicación, nos anos [[1925]] e [[1926]], da revista ''Mariñana'', dirixida por Eduardo García Ramos e na que destacou coma colaborador o xornalista Manuel L. Freire Calvelo. Os rexedores máis importantes do período serán puchyManuel Dopico Otero e Enrique López Hernández, ambos de carácter populista, en consonancia co propio réxime.
 
===== A II República =====