Peregrinación a Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 23:
 
==Atributos do peregrino==
A vestimenta dos peregrinos descríbese no sermón ''VerenandaVeneranda Dies'' do ''Codex Calixtinus''. En calquera caso, os peregrinos ''históricos'' eran de toda clase e condición, o que explicaba as grandes diferenzas entre a indumentaria e equipaxes dos nobres e a dos camiñantes ''de a pé''.
 
O peregrino levaba un manto con [[esclavina]], chapeu de aba ancha e para apoiarse e defenderse dos animais salvaxes un bordón longo. No bordón atábase unha [[cabaza]], na que levaba [[auga]] ou [[viño]].
Liña 31:
{{cita|"''Hai no mar de Santiago un tipo de peixes, ós que o vulgo chama 'veras', que teñen dúas cunchas por ámbalas dúas partes, entre as que, coma no medio de dous escudos, agóchase o molusco, semellante a unha ostra. Estas dúas cunchas, talladas coma os dedos dunha man, ... cósenas os peregrinos que volven de Santiago nas súas capas en honor do Apóstolo e en lembranza súa, levándoas con moita ledicia ás súas casas como sinal de tan longa viaxe''"|''Veneranda Dies'', I, 17 (citado porLópez Pereira, px. 40.)}}
 
O mesmo [[Aimery Picaud|Picaud]], cando describe na súa ''Guía do Peregrino'' (Libro V do ''Códice Calixtino'') a cidade de Santiago, di que diante da porta Francíxena (hoxe, da [[Fachada da Acibechería|Acibechería]]) "''... está o paraíso'' [co significado de adro]] '', asoallado de pedra, onde se venden ós peregrinos cónchegas, ou sexa, símbolos de Santiago''" <ref>López Pereira, px. 132. Neste contexto, ''paraíso, ten o significado de adro.</ref>.
 
==Notas==