Diferenzas entre revisións de «Intrón»

Os intróns do grupo II e III son moi similares e presentan unha estrutura secundaria altamente conservada. De feito ás veces os intróns do grupo III son identificados como intróns do grupo II debido á súa semellanza funcional e estrutural.
 
Os intróns do grupo I están presentes nos [[xene]]s de [[ARNr]] dalgúns [[célula eucariótica|eucariotas]] inferiores e nos [[ADNmt|xenes mitocondriais]] de [[Fungo (bioloxía)|fungos]]. Caracterízanse por eliminarse por medio dun proceso autocatalítico que require unha [[guanosina]] ou un [[nucleótido]] de guanosina libre; así como por careceren de [[secuencia consenso|secuencias consenso]] nos puntos de empalme, aínda que poden telas no seu interior.
 
Os do grupo II e III elimínanse por un proceso autocatalítico que require unha [[adenina]] ou un [[espliceosoma]], respectivamente. En ambos os grupos, durante o proceso de empalme dos [[exón]]s, fórmase unha estrutura en lazo característica denominada lariat.
190.992

edicións