Literatura galego-portuguesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 6:
 
== Contexto histórico ==
[[Ficheiro:Cleric-Knight-Workman.jpg|miniatura|210px|Os tres estamentos: ''Oratores, [[cabaleiro|bellatores]] e [[traballador|laboratores]]''.]]
 
A [[Idade Media]] vai estar socioeconómicamente caracterizada polo sistema feudal. Desde o século VII, o [[feudalismo]] converteuse na base política e económica de [[Europa]]. Nas sociedades feudais, o vasalo recibía terras do seu señor e quedaba baixo a súa protección e autoridade, a cambio de retribuír unha boa parte dos beneficios da dita terra ao seu propietario.
Liña 66:
 
[[Ficheiro:Dinis-P.jpg|miniatura|130px|esquerda|D. Dinís, rei de Portugal]]
* '''A corte poética de D. Dinís''': comprendería o reinado deste monarca portugués ([[1279]]-[[1324]]). Pertencerían a esta xeración [[Don Dinís]], [[Johan Mendiz de Briteiros]], [[Johan Velho de Pedrogaez]], [[Martin Perez Alvin]], [[Fernan Rodriguez Redondo]], [[Afonso SanchezSanches]], [[Estevan da Guarda]], [[Vasco Martinz de Resende]], [[Estevan Coelho]], [[Johan de Gaia]], [[Estevan Reimondo]], [[Roi Martinz do Casal]], [[Josep]] e [[Pedro de Portugal]]. [[Giuseppe Tavani]] considera que estarían activos na corte de [[Don Dinís]] os seguintes poetas: [[Johan Zorro]], [[Estevan Fernandiz]], [[Estevan Travanca]], [[Martin de Pedrozelos]], [[Nuno Perez Sandeu]], [[Pae Calvo]], [[Pero Goterrez]] e [[Pero Mendiz da Fonseca]].
 
* '''Epígonos''': son os autores posteriores a [[Afonso X]] e [[Don Dinís]]. Tras a morte de [[Afonso X]] e a subida ao trono de [[Sancho IV de Castela|Sancho IV]], a actividade poética na corte de [[Castela - Castilla|Castela]] decae. Temos neste período, ademais da presenza de [[trobador]]es da [[xeración]] anterior, non se documenta a presenza de moitos poetas nesta corte, sendo [[Airas Nunes]], [[Fernando Esquío]], [[Fernan do Lago]] (aínda que posibelmente haxa que identificalo co anterior) e [[Fernan Paez de Talamancos]] os grandes autores deste período. Aínda puideron estar presentes nesta corte [[Galisteu Fernandiz]] e [[Golparro]]. É posíbel que en torno a [[Santiago de Compostela|Compostela]] operasen os [[xograr]]es galegos [[Johan de Requeixo]], [[Airas Paez]] e [[Johan de Cangas]], mentres que de [[Martin de Caldas]] e [[Martin Campina]] non se coñece nin a súa procedencia xeográfica.