Torque (colar): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q397447
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{outroshomónimos|Torque}}
[[Ficheiro:Torque gaulois en bronze.jpg|dereita|miniatura|Un torque [[Galia|Galo]] de bronce.]]
[[Ficheiro:CastroTorque galaico-asturiano de SantaLabra Trega(M.A.N. - remates33132) de torques01.jpg|dereita|miniatura|Torque ástur de [[Castroouro]] deachado Santaen Trega[[Labra]], remates[[Cangas de torquesOnís]], dos ss. IV–II a.C., Museo Arqueolóxico Nacional, [[Madrid]]).]]
[[Ficheiro:Torque galaico-asturiano de Labra (M.A.N. 33132) 01.jpg|miniatura|220px|dereita|[[Torque (colar)|Torque]] ástur de [[ouro]] achado en [[Labra]], [[Cangas de Onís]], dos ss. IV–II a.C., Museo Arqueolóxico Nacional, [[Madrid]])]]
Un '''torque''' é un colar ríxido de metal semicircular. Foi moi frecuente en [[Centroeuropa]] e na [[Europa atlántica]], tamén en Galicia, sendo empregado principalmente polos pobos [[celtas]]. Na [[Galicia]] da [[Idade do Ferro]] foi un tradicional elemento de distinción social entre os [[galaicos]], presentando grande similitude cos doutras áreas de Europa occidental ou central.
 
Ao longo de toda Europa, existe unha variada tipoloxía: macizos, ocos, con remates (periña, escocia, tronco de cono, campánula, cabeza de cravo...), con decoración, de ouro ou doutros metais. Da súa existencia despréndese unha importante xerarquización social e unha especialización artesá salientable.
[[Ficheiro:Castro de Santa Trega - remates de torques.jpg|miniatura|[[Castro de Santa Trega]], remates de torques.]]
 
== Torques en Galicia ==
Na distribución dos torques de ouro na [[Europa atlántica]], e máis en concreto na [[Península Ibérica]], apréciase unha concentración destacadísima nas actuais [[Galicia]] e norte de Portugal. Derivan dunha metalurxia moi antiga con importantes mostras xa na [[idade de Bronce]] (tesouro de [[Caldas de Reis]]). Factores explicativos son a abundancia de ouro e estaño nesta área, os contactos coa [[Europa atlántica]], e a influencia meridional nos granulados e as filigranas. En concreto, nos torques [[galaicos]] aprécianse influencias da cultura de [[Hallstat]] e [[la Tène]] -sen que isto implique migracións masivas de poboacións para explicar a súa divulgación- que amosan como na [[Europa atlántica]] existiu unha circulación artística propia envolvente.
 
En [[Galicia]] a tradicional interpretación do torque como ornato propio das clases dirixentes das sociedades [[celtas|célticas]], chegou a poñerse en cuestión por algúns arqueólogos galegos da década dos 90, porén recentes estudos de carácter comparativo dos datos arqueolóxicos, epigráficos e lingüísticos parecen retomar a inicial interpretación de achegamento artístico-étnico entre as comunidades da antiga [[Gallaecia]] e da [[Galia]] ou [[Britania]] entre outras.
 
No territorio da antiga [[Gallaecia]] o número de torques atopados supera o centenar. Os torques galaicos e ástur-occidentais{{cómpre referencia}} presentan peculiaridades con respecto aos do resto da [[Península Ibérica]]; coinciden cos centroeuropeos e británicos nos grandes remates ou topes, así como no emprego de ouro, fronte á prata e máis o bronce común nos torques da Celtiberia, o que se ten interpretado como unha influencia centroeuropea.<ref>Cf. Castro Pérez 1990: 149.</ref>
 
Exemplos de importantes torques [[galaicos]] son o [[torque de Burela]] e os de [[Xanceda, Mesía|Xanceda]].
 
<gallery>
Liña 27 ⟶ 26:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Torcs}}
=== Outros artigos ===
* [[Galaicos]]