Lingua lusitana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
Como xa se mencionou, trátase dunha [[linguas indoeuropeas |lingua indoeuropea]], pero a súa filiación exacta segue a ser discutida.
 
*Unha primeira teoría relaciona a lingua coa pola [[Lingua celta|céltica]]. A teoría baséase en parte no feito de seren os celtas historicamente os únicos pobos indoeuropeos dos que se ten noticia na península. Pero maior peso ten a obvia celticidade de parte do léxico, sobre todo os antropónimos e topónimos. Existe un problema substancial nesta teoría: a conservación inicial do /p/, como se ve en PORCOM. As linguas celtas perden este /p/ inicial ao longo da evolución: compárese ''athir'' / ''orc'' ([[Lingua irlandesa|irlandés]]) e ''pater'' / ''porcum'' (latín) significando "pai" e "porco" respectivamente. A presenza deste /p/ poderíase explicar por ser unha lingua celta moi primitiva, anterior á perda ou ben por seren estas palabras préstamos del latín.
 
*Unha segunda teoría, defendida por [[Francisco Villar Liébana]], [[Rosa Pedrero]] e [[Blanca María Prósper]], pona en relación coas [[linguas itálicas]]. A teoría baséase en paralelismos de nomes de deuses (''Consus'' latín / ''Cossue'' lusitano, ''Seia'' latín / ''Segia'' lusitano, ''Iovia'' [[marrucino]] / ''Iovea(i)'' lusitano) e outro léxico (''gomia'' [[Lingua umbra|umbro]] / ''comaiam'' lusitano) xunto con algúns outros elementos gramaticais.