Proteína periférica de membrana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
As '''proteínas periféricas de membrana''' son [[proteína]]s que se adhiren só temporalmente ás [[membrana celular|membranas celulares]] coas cales están asociadas. Estas moléculas están unidas a [[proteína integral de membrana|proteínas integrais de membrana]] ou penetran nas rexións periféricas da [[bicapa lipídica]] da membrana. As subunidades de proteínas regulatorias de moitos [[canal iónico|canais iónicos]] e [[receptor transmembrana|receptores transmembrana]], por exemplo, poden definirse como proteínas periféricas de membrana. A diferenza das proteínas integrais de membrana, as periféricas adoitan recollerse no compoñente ou fracción hidrosoluble de todas as proteínas extraídas durante o procedemento de [[purificación de proteínas]]. As proteínas cunha [[áncora GPI]] son unha excepción a esta regra e poden ter propiedades de purificación similares ás das proteínas integrais de membrana.