Borussia Dortmund: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 52:
== Historia ==
=== Primeiros anos ===
En novembro de [[1901]] foi fundada unha organización xuvenil baixo a [[Parroquia eclesiástica|parroquia]] [[Catolicismo|católica]] da "Trindade" (en [[Lingua alemá|alemán]] ''Dreifaltigkeit''). O [[19 de decembro]] de [[1909]] un grupo deses mozos, descontentos coa supervisión da [[Parroquia eclesiástica|parroquia]] onde se xogaba ao fútbol baixo a mirada severa do sacerdote, fundaría o club. O Padre Dewald, enfadado, tratou de impedir a xuntanza, que se estaba a celebrar nunha sala do pub local Zum Wildschütz, pero foi bloqueado na porta. Os fundadores foron Franz e Paul Braun, Henry Cleve, Hans Debest, Paul Dziendzielle, Julius e Wilhelm Jacobi, Hans Kahn, Gustav Müller, Franz Risse, Fritz Schulte, Hans Siebold, August Tönnesmann, Heinrich and Robert Unger, Fritz Weber e Franz Wendt. O nome Borussia (en latín [[Prusia]]), podería ter sido tomado da cervexa Borussia da próxima fábrica de cervexa homónima de Dortmund.
 
O equipo comezou xogar con camisas de raias azuis e brancas, cunha franxa vermella, e pantalón negro. En [[1913]] comezaron a utilizar raias negras e amarelas, tan familiares hoxe en día. Nas seguintes décadas o club tivo un éxito moderado xogando en ligas locais. En [[1929]] rozou a bancarrota cando, nunha tentativa por impulsar o club, comezouse a pagar a futbolistas profesionais. Isto fracasou estrepitosamente deixando ao equipo afundido en débedas. Sobreviviron grazas á xenerosidade de seareiros do club que cubriron o déficit do equipo do seu propio peto.